1ª Residencia no Alg-a Lab. Crónica 2
mércores, 29 de xullo do 2009, por srpause.

Antes de nada, presentarvos a marabillosa empanada que fixeron os "propoleros" adicada a Alg-a: un auténtico manxar feito de algas e decorado coma non podía ser doutro xeito:

JPEG - 2.5 MB
empanada alg-a

O venres comezou propiamente o proxecto "work in progress" dos artistas residentes. Tratábase de facer un mini documental sobre a relación dos residentes co entorno de Valadares e as súas xentes (estará dispoñible no Videolabel Alg-a).
Achegáronse ata o centro veciñal para falar coa xente, entrevistando, entre outros, ó noso querido Carlos Alonso, quen fixo un pouco de "memoria histórica" de Valadares. Entre os datos curiosos que aportou, está o de que o actual centro veciñal tivo os seus orixes nun teleclube (espazo cunha televisión onde reunirse, ante a imposibilidade de ter TV propia).
Tamén se achegaron a algúns bares pra convidar ós veciños á comida de traxe do domingo (a xente debía traer algo de comida, aportando alg-a espazo, actuacións e máis comida e bebida).
Tras o xantar, montouse no baixo un set de audio, e unha pantalla de 4x3 metros feita coa lona cedida por Cirugeda.
Madamme Cell e SrPause fixeron tamén algunhas probas.

JPEG - 186.8 KB
JPEG - 62.9 KB
JPEG - 131.8 KB

Xa a noitiña houbo sesión de VJ´s con música cortesía de Madamme Cell + Tintxo, e acrobacia de Lía e Marta.

JPEG - 161.8 KB
willy o pizzero
JPEG - 106.1 KB
set exterior
JPEG - 76.3 KB
JPEG - 99.2 KB
JPEG - 92.1 KB
JPEG - 145.7 KB
JPEG - 144.3 KB
JPEG - 84.3 KB

O sábado repartiuse entre as entrevistas e os ensaios. Lía e Marta prepararon unha performance misturando danza e unha maleta vella. Os resultados amosáronse o domingo pola tarde.

JPEG - 127 KB
JPEG - 111 KB
JPEG - 87.8 KB
JPEG - 108.4 KB
JPEG - 108.4 KB

Esa noite tivemos unha moi especial iniciación á astronomía a cargo de Gus, primeiro baixo o ceo de Valadares, e despois coa axuda dunha proxección a través do Stellarium, un programa incrible para entender os movementos celestes. Por exemplo, agora sabemos que os signos zodiacais que aparecen nos periódicos están desfasados con respecto á posición actual das estrelas, somentes serían os correctos 4000 anos atrás!

JPEG - 138.1 KB
JPEG - 138.1 KB
JPEG - 95.6 KB
JPEG - 140.6 KB

Finalmente rematamos a noite cunha sesión audiovisual moi interesante.

O domingo foi o día, digamos, de portas abertas. Para a nosa sorpresa, os veciños comezaron a chegar a iso das 13 horas...cargados de comida: sardiñas, polo, chourizos, ensaladas, LK, etc etc etc... a parrilla funcionaba a pleno rendimiento, e as conversar abalaban dos bancos de tempo á música experimenal... precisamente viñeron as amigas involucradas no Banco de tempo de Valadares, co que temos pensado interactuar.

JPEG - 198.9 KB
JPEG - 240.5 KB
JPEG - 205.1 KB
JPEG - 207.5 KB

Despois da sobremesa comezaron as actuacións: en primeiro lugar, chegado dende a estepa siberianaaa....MIG SEOANEEE!!! o Mig fixo un impresionante discurso alucinado sobre, entre outros temas de importancia, o amor ós conceptos curvos, á vez que "deleitaba" a unha voluntaria con música sensible: pequenas descargas electricas a diferentes frecuencias, facendo unha composición sensitiva directa a epiderme.

JPEG - 133.5 KB
JPEG - 156.5 KB
JPEG - 195 KB
JPEG - 152 KB
JPEG - 132.5 KB
JPEG - 132.5 KB

Continuamos coa poesía de María Lado, acompañada nas guitarras por Mig e Ig, e nas voces e ruiditos por Berio (junior). Houbo amor, desamor, expremedores, o osiño Cuqui, e píldoras de cores...

JPEG - 204.9 KB
JPEG - 164.5 KB
JPEG - 152.1 KB
JPEG - 130.6 KB

Despois viñeron os dez Minutos Musicais de Carlos Castro, en formato vídeo, que mantiveron as retinas dos presentes pegadas á pantalla. Proximamente no VideoLabel Alg-a.

JPEG - 104.2 KB
JPEG - 95.8 KB
JPEG - 92 KB

Logo Marta presentou a súa "Total Training Chair", a cadeira que exercita todos os teus masculos sen tí facer esforzo algún... aínda que a súa cara diga o contrario. toda a xentalla escachando da risa.

JPEG - 112 KB
JPEG - 180.6 KB
JPEG - 179.9 KB
JPEG - 115.6 KB

Para finalizar, un miniconcerto con Madamme Cell ós teclados e ruiditos e Señor Pause ás imaxes... incomprensibles, como de costume.

Apertas, proxectos e bó rollo interveciñal e artístico para rematar esta primeira residencia no Alg-a Lab. Gracias a Tintxo, Lía, Marta e Willy polo entusiasmo e as artistadas, a xente de Valadares por facelo todo máis doado coa súa participación sen límites e a todos os algas que puxeron puñados ou graniños de area para habilitar o Lab e comezar a darlle vida. Isto non fai máis que empezarr!!!!!!!

JPEG - 198.7 KB
Enviar comentario
Comentarios
1 de agosto do 2009 06:07, por ne

que ben quedou todooo,,,e como o pasastedes, jejeje

un bicazo compis

2 de agosto do 2009 12:28

+info: para a vindeira semán pocket-residencia AldaoLado + Igmig (proxecto AFTER), e a finais de Agosto, nas festas grandes de Valadares, San Campio alternativo no Lab!! coa colaboura do C.C d Valadares e a comisión de festas de San Campio. Comeza o noso incipiente laboratorio social Verbenas Periféricas.
Vos informamos.
mdmme

14 de agosto do 2009 09:24, por Berio

Jei, estou recopilando info e fotos para a presentación de alg-a en San Sebastian esta semana, e da un gusto ver toda a evolución do lab!

Veña, apertas!