100% algodón
sábado, 21 de abril do 2007, por nela que.
categorías: Convocatorias

A camiseta de algodón, prenda case universal, é hoxendía un dos mellores escaparates da creatividade popular. (Case) todo colle nela. Estampada, bordada, recortada, pintada, reciclada... as posibilidades son múltiples para estes lenzos que nos visten e que se moven dun lugar a outro, á vista dos de aquí e dos de alá.

Na camiseta ten cabida o humor, a expresión artística, reivindicacións varias, o estilo propio... e cada día hai máis persoas en Galicia reinventándoa con novas propostas, unha creatividade en expansión que queremos radiografiar.

É para recoñecer este subxénero da cultura popular e do deseño volve o concurso “100% ALGODÓN”. Organizado por Arela, unha asociación creada en 2003 no Porriño coa intención de darlle un pulo á actividade cultural da vila e de paso aportar algunha cousa pequena á cultura galega dende unha perspectiva lúdica. Responsables do internacionalmente famoso Festival de Cans e doutras iniciativas máis modestas, como a Faroolimpiada e o festival de danzas na rúa Danzarela.

Todas as persoas que queiran participar poden presentar ata un máximo de dúas camisetas. O prazo de entrega remata o 30 de maio.
Prémianse os mellores deseños sobre camiseta, con total liberdade de técnica, material e tema. Se inclúe textos, deben ser en galego.

Para ver as bases completas ide a: cenporcen.blogspot.com

Enviar comentario
Comentarios
23 de maio do 2007 10:59, por duha

necesito 10000 camisetas de algodon de chico 10000 de chica

Categorías
nela que