Segundo casting/audición do artista Tino Sehgal, dirixido a parellas de bailaríns de danza contemporánea, que terá lugar o xoves 5 de xuño no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, nos horarios indicados na convocatoria. O número máximo de inscricións será de 25 parellas por audición.

Tal como figura na documentación que acompaña a éste artigo...este casting/audición ten como obxectivo a selección de varias parellas de bailaríns (neste caso home+muller) de danza contemporánea, para representar a obra Kiss (2002), do artista Tino Sehgal (Londres, 1976), incluída na exposición O MEDIO É O MUSEO, que ocupará as salas da planta baixa do MARCO entre o 20 de xuño e o 28 de setembro do 08.

A convocatoria está organizada conxuntamente polo MARCO de Vigo e o NEC (Núcleo de Experimentação Coreográfica) de Porto, coa colaboración do CCG, Centro Coreográfico Galego.

Todas as persoas interesadas deberán enviar a ficha de inscrición + o seu C.V. ao correo-e nec@nec.co.pt , ou por correo postal dirixido a:

NEC, Núcleo de Experimentação Coreográfica
R. Miguel Bombarda, 124 r/ch Sala A
4050 - 377 Porto
Fecha límite de recepción de inscripciones | 31 de mayo de 2008

MAIS INFORMACIÓN PREMENDO AQUI

.