2º Residencia no Alg-a Lab
sábado, 14 de novembro do 2009, por nela que.

A segunda residencia artística no alg-a LAB desenrolarase dende o hoxe, venres 13 de Novembro ata o domingo 15.

O domingo a partir das 18:00h no alg-a LAb en Valadares, poderedes disfrutar do traballo que os artistas Man_Hauser, Paulina Funes e Madamme Cell perfeccionarán durante esta residencia e que este ultimo dia o mostraran ao publico asistente.

O traballo enmárcase no eido da performance, do arte conceptual e que mixtura audio con acción: VIRXE PUTA NAI

Presentamos como punto de partida unhas notas que son unha especie de bosquexos, pensamentos e ideas sobre o tema do seu actual traballo.

JPEG - 771.9 KB
libro de artista 1
JPEG - 1.1 MB
libro de artista 3
JPEG - 781.1 KB
libro de artista 2
JPEG - 1.1 MB
libro de artista 4

Para chegar: http://www.google.com/maps/ms?ie=UTF8&hl=es&msa=0&msid=106229251087385485154.00046f639472dc291d180&ll=42.175196,-8.723145&spn=0.003817,0.009645&t=h&z=17&lci=com.panoramio.all

“Vémonos no alg-a LAB”
Recorda que teremos bebidas fresquiñas e quentes a venta e que eses cartos irán para mantener as nosas instalacións e actividades.
...

JPEG - 1.1 MB
bresson- notas sobre el cinematógrafo

Paulina Funes: artista plástica, escenógrafa e performer. Trata de aportar un elemento visceral e case cruel ao teatro europeo que segundo ela corre o perigo de morrer an-estesiado. Contra as formas do teatro representativo e ilustrativo da idea e do texto prefire a creación de atmosferas, o teatro da imaxe, de creación súbita e inevitável. A súa procura diríxese tamén cara as formas de renovación propiamente plásticas da escena: iluminación, son, vestiarios... nom poden ser sometidos a convención nem obviarse nunha estructura xeral dos mesmos. Pola contra a elaboración singular e artística destes elementos configuran e determinan unha obra e a súa imaxe dunha maneira máis profunda e potente que a dramaturxia em si. No terreo das artes plásticas investiga a fotografía, o caderno de viagem ou a postal como desterritorializacións nómades ao marco convencional da obra.

Man Hauser: nace na Galiza (1979) onde estuda Filosofía. Viaxa i experimenta en Cataluña: Ioga, Meditación, Agricultura Ecolóxica... Postgrao en "Arte, Filosofía y Creatividad" na Universidad de Valencia. De novo en Galiza investiga as artes escénicas: a súa vinculación co pensamento. A partir de aí dalle forma ao Proxecto de Innovación Pedagóxica O Teatro Resoante, que dirixe e promove, e co que xira por Galiza. Membro de Proxecto Derriba e Universidade Invisíbel. Agora mesmo prepara un taller sobre cinema e pensamento.

Eiqui deixovos o enlace a un texto escrito por Man_Hauser sobre a performance de Paulina Funes.

Non-virxe
De WikiDerriba

2º Residencia no Alg-a Lab
Enviar comentario