4 Sons Creativos. Son e natureza
xoves, 10 de maio do 2012, por Berio Molina.

Vía María Roja

Casa do Saber (Lugo) 11 – 12 maio 2012

Nesta cuarta edición, o certame estará adicado ao compositor José Luis Carles Arribas, recoñecido investigador en temas de percepción sonora, análise cualitativa do medio ambiente sonoro e interacción entre estímulos visuais e auditivos. Ponencias, mesas redondas, concertos, talleres, instalacións sonoras e performances configuran un amplo programa integrado baixo o título común “Música e natureza” temática que servirá como fío condutor de tódalas actividades.

PROGRAMA

VENRES, 11 DE MAIO

• 9:00 a 9,30 h

Entrega de acreditacións

• 9:30 a 11:00 h

Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: ecoloxía” a cargo de José Luis Carles, Cristina Palmese e Juan Gil López e Carlos Suárez, do espazo interactivo escoitar.org.

11:00 a 11:30 h

Inauguración dos 4º Sons Creativos e presentación do DVD Música, espazos e cidade no que se recollen as obras creadas e estreadas nas tres edicións anteriores dos Sons Creativos.

• 12:00 a 13:30 h

Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: historia e creación sonora” a cargo de Inmaculada Cárdenas, Javier Garbayo, Miguel Molina e o alumno e as alumnas de José Luis Carles da Universidade Autónoma de Madrid (UAM), Jesús Barranco, Estrella Sánchez e Laura María García.

• 16:30 a 18:00 h

Relatorio e mesa redonda sobre “Música, natureza: pedagoxía” a cargo de Adolfo Murillo Ribes, Elena Hidalgo e Mónica Álvarez, profesorado e compositores pertencentes a diferentes estamentos da educación: escola, ensino medio e universidade.

• 18:30 a 20:00 h

Ensaios e preparación do concerto.

• 20:00 h

CONCERTO COLECTIVO con obras José Luis Carles e Cristina Palmese, Miguel Molina, Rocio Garriga, Juan Antonio Lleó, Elena Hidalgo, Antonio Alcázar, Adolfo Murillo Ribes, Juan Gil López, Carlos Suárez e dos membros de GCMUS: Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero, Mónica Álvarez e Efraím Díaz.

SÁBADO, 12 DE MAIO:

• 9:30 a 11:00 h

Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: tecnoloxías e medios de comunicación” a cargo de Rocío Garriga Inarejos, Juan Antonio Lleó, Jesús Otero-Iglesias e Arturo Vaquero.

• 11:30 a 13:30 h

Taller de creación a cargo de Carlos Suárez de escoitar.org.

• 13:30 h

Presentación dunha performance a cargo de Berio Molina e María Roja e clausura dos 4º Sons Creativos

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina