4ºDÍA das XORNADAS DE URBANISMO NIGRÁN 2007
mércores, 21 de marzo do 2007, por Antía .
categorías: Axenda

Esta vez contaremos coa presencia do arquitecto Pedro de Llano Cavado que falará sobre:
Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio.

Cando non hai máis de medio século Galicia contaba cunha paisaxe homoxénea e respectada, comezou un camiño de crecente e tolerada destrución. Desde entón, a evolución da nosa arquitectura do territorio viviu un caótico proceso destrutivo marcado por unha groseira actitude especulativa, controlado só por unhas inoperantes e conservadoras leis e documentos urbanísticos.
Resulta, pois, imprescindible poñer en crise ese marco legal e repensar o futuro da nosa realidade espacial introducindo unha nova visión da organización do territorio galego, considerado no seu conxunto, que nos permita elaborar modelos conceptuais de intervención que posibiliten o seu desenvolvemento, ao tempo que salvagardan a súa particular personalidade.

Pedro de Llano Cabado
Arquitecto en exercicio e profesor na ETS de Arquitectura da Coruña. Colabora en revistas de arquitectura e noutras como Luzes de Galicia, Grial ou Tempos Novos. É autor de obras como "Arquitectura Popular en Galicia. Razón e construción" e outras sobre Álvaro Siza, Alejandro de la Sota, Le Corbusier ou Carlos Maside, así como sobre arquitectura holandesa ou sobre o Piornedo.
Por algunhas destas obras fóronlle concedidos premios como o da Crítica Galicia de Ensaio, o da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Comunicación ou o VII Premio do COAG.

XOVES 22 MARZO ÁS 20,00
COLEXIO H. JUANES (VILAMEÁN)

Enviar comentario
Categorías
Antía