A Televisión de Escoitar.org
martes, 19 de xuño do 2007, por Chiu Longina.
categorías: Acción Social

A nova en Escoitar.org

O proxecto de Paisaxe Sonora de Galiza Escoitar.org inaugura unha nova sección, A TELEVISIÓN. Trátase dun repositorio de videos en alta resolución que podes ver na túa pantalla como unha televisión. Necesitas instalar un pequeno plugin para o navegador.

Tamén presentan outro pequeno repositorio de videos en menor calidade, pero máis aptos para conexións lentas, a dirección para acceder é esta.

Escoitar.org é tamén unha Asociación Cultural sin ánimo de lucro de ámbito rexional. Forma parte do Proxecto-Edición (CGAC, MARCO e Fundación Luis Seoane) e atende a unha das liñas de investigación do Grupo de Investigación DX7 Tracker da Universidade de Vigo, no que está actualmente integrado.

AS SÚAS ACTIVIDADES CÉNTRANSE EN:

*Conservación da Memoria Sonora de Galiza.
*Posta en valor do patrimonio cultural inmaterial.
*Restauración/dixitalizacón do Arquivo Sonoro de Galiza (en proceso).
*Seminarios/obradoiros para promocionar e fomentar o fenómeno sonoro como elemento fundamental da cultura del paí­s.
*Fomento da participación dos oíntes na configuración do patrimonio sonoro de Galiza.
*Traballo de campo/gravación e contextualización dos sons ambientais de Galiza a partir do punto de vista artí­stico, etnomusicolóxico, bioacústico e antropolóxico.

Os videos que inauguran a Televisión pertencen ás actividades que o colectivo levou a cabo no Audio HackLAB do Espazo Anexo do MARCO, durantes as derradeiras 9 semanas.

Enviar comentario
Categorías
Chiu Longina