A canteira electrónica.
martes, 12 de febreiro do 2008, por Isaac Cordal.
categorías: Acción Social

A cidade de Guiyu no Suroeste de China é coñecida por converterse en pouco máis dunha década nun cemiterio electrónico. O intercambio comercial entre China e EEUU ten dous traxectos, un de ida, no que os productos chinos inundan o mercado e, outro de volta, no que os residuos electrónicos de EEUU voltan para ser machacados e cocidos no lume lentamente. O 80% do lixo electrónico de EEUU volta en Ferrys o país asiático. Aparatos obsoletos como TV, teléfonos, ordenadores, etc son reciclados dun xeito primitivo sen control de ningún tipo, converténdose nun risco para a saúde e o medioambiente. China e Nigeria receptores do lixo electrónico.

Tan só en Guiyu os traballadores reciclaron 5 toneladas de ouro, 1 de prata, cuns beneficios estimados de $150 millóns o ano. ¿Pero cal é o prezo?. Cada traballador gaña entre 1 e 3 dólares.

Unha nova febre do ouro. As novas minas ábrense paso entre montañas de plástico, placas base, ofertas, routers, chamadas perdidas, todo aquelo que nalgún momento foi a derradeira versión dalgunha compañía de telecomunicacións.

Artigo en inthesetimes
Artigo en Asianews

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal