A etiqueta na rede. Sinsalaudio
martes, 12 de setembro do 2006, por Berio Molina.
categorías: Net audio

O programa de radio, a etiqueta de sinsalaudio, comeza a emitirse na rede.

A etiqueta

A etiqueta, o proxecto de radio comezado por molly&chiu e que enseguida levaron as rendas o colectivo sinsalaudio para a radio Ecca, comenza a publicar os seus podcasts pola rede.

Os programas pertencen ó periodo comprendido entre o 1998 ata o 2005, polo que se trata da recuperación do arquivo sonoro da radio. Algúns dos numeros deste semanario nas ondas radiofónicas, estaban en cintas de casette, e tiveron que ser dixitalizados.

Unha moi boa ocasión para comprobar o nivel musical destes programas con locutores como Julio Gómez, Luis Campos, Hermi Basalo, Victor Flores ou Chiu Longina.
Na etiqueta foi donde aprendin, por exemplo, que na canción Silence is sexy de Einstürzende Neubauten, se escoitamos con atención, podemos escoitar o cigarrillo que Blixa Bargeld, o seu cantante, se fuma durante todo o transcurso da canción, acentuando o carácter sensual desta increíble canción.

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina