«Este sábado, día 25 de setembro, ás 21:30 horas, terá lugar no Café Golem
(Churruca, Vigo) un combate lírico que enfrentará a Ledicia Costas, Daniel
Landesa, Laura Sáez, David Rodríguez, Lara do Are, Miguel Valverde, ou o que é o
mesmo: poetas guapos versus poetas feos! A tal cita leva como nome A hostia en verso.
O acto será unha divertida velada na que ambos equipos se enfrontarán para gañar o favor do público e estará presentado polas poetas Lucía Aldao e María Lado.
Contaremos coa intervención musical e sempre poética do Leo i Arremecághona, e coa colaboración das artistas plásticas Antía Sánchez e María Longa, que realizarán senllas obras en directo.
Haberá tamén ricos e gratuítos petiscos para o público asistente, que se verá
reconfortado coa posibilidade de votar el mesmo o equipo gañador ao longo dos
tres asaltos que compoñen este singular combate!!!
E todo isto... de balde!!! Que máis se lle pode pedir a unha noite de sábado na
cidade olívica? (E se se pode pedir algo máis, este non é o sitio).
Gustaríanos moito verche por alí, porque todo isto sen ti... pois non ten
sentido. E tamén que estendeses correr este convite a quen consideres oportuno.
Agradecerémoscho infinito.
Se ques desvelar algún dos misterios da hostia en verso, non tes máis ca
escribir a este correo ou chamar ao 625326748.»
María Lado.
QUE RICA PINTAAAA......OS DESEO BUENOS POEMAS!!
SAUDE......
jjj que gracia!
y cual es el criterio entre fexs y guapxs???
me genera mucha curiosidade =P
salut!