A obra de Virxilio Vieitez no MARCO
venres, 22 de outubro do 2010, por isaac-cordal.

22 outubro 2010 - 24 abril 2011

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Reseña da exposición na web do MARCO:

O ano 2010 conclúe con outra grande individual na planta baixa do MARCO. Dous anos despois da morte de Virxilio Vieitez (Soutelo de Montes, Pontevedra, 1930-2008), no mes de outubro inaugúrase no MARCO a esperada retrospectiva deste xenio da fotografía que, ao igual que outros grandes fotógrafos, revolucionou para sempre o modo de captar e percibir a realidade. A existencia dun importante arquivo familiar que garda a totalidade da súa produción, fará posible unha investigación a fondo. Ademais dos traballos máis coñecidos de Vieitez, presentaranse obras inéditas, como fotografías en cor e vintage, nunha selección comisariada pola italiana Enrica Viganò, especialista en fotografía histórica. Coproducida coa Fundación Telefónica, a exposición poderá verse despois nas renovadas salas desta institución en Madrid, para viaxar máis tarde a outras cidades.

Virxilio, o fotógrafo de Soutelo artigo Cultura Galega. 5 fotos comentadas pola súa filla Keta.

.