Æther9 --- Relatos remotos en tempo real
luns, 18 de febreiro do 2008, por Asintomatic.
categorías: Internet

Iniciado en maio de 2007 durante un obradoiro no Mapping Festival en Xenebra (Suíza), Æther9 é un proxecto de arte colaborativo no campo da transmisión do vídeo en tempo real.

Desenvolvido por un grupo internacional de artistas visuais e colectivos pertencentes a mais de 9 lugares diferentes (diseminados por Europa, Norteamérica e Sudamérica) estes soamente se comunican a través de Internet e o seu traballo pretende converterse nun marco funcional e experimental para a colaboración na creación de vídeo.

Facendo uso dos protocolos de software dispoñibles (Html dinámico, Xava, Puredata / PDP e MaxMSP / jitter), o sistema funciona como unha plataforma aberta para os participantes de calquera nivel técnico, con fin de transmitir imaxes en tempo real e interactuar no fondo da estrutura narrativa das performances cuestionando os temas de presenza / ausencia, identidade e intimidade no contexto do espazo electrónico.

O seu ultimo realato tivo lugar o pasado sabado dende o IMAL( Iteractive Media Art Lab) de Bruselas. Os anteriores podedes encontralos na sua web.

via: dariola.net

Enviar comentario
Categorías
Asintomatic