ALG-A no Proxecto Edición
domingo, 13 de abril do 2008, por nela que.

Tardamos en contarvos como foi a visita de alg-a no Proxecto Edición, pero como xa sabedes, estamos en plena montaxe da sede física de alg-a, o LABORATORIO.

Tivemos a oportunidade de presentalo no encontro-feira P.E. que tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os pasados días 3,4 e 5 de Abril.
A acollida que tivo o posto de alg-a, con alg-as recicladas incluídas, foi fantástica. Alí tiñamos o novo merchandising alg-a 08. As últimas publicacións da Galería e o Videolabel e un voluntario moi simpático e disposto.

Dende aquí queremos agradecerlle a todo-los voluntarios e compañeiros de fatigas, a súa axuda, experiencia e compañía.

Esperamos que se volva a repetir en anos próximos e volvernos a ver por alí e por aquí antes, xa que o mellor, foron os contactos e as novas relacciones que se iniciaron, e a todos eles mandamoslles un bico forte, Publicación Retal, Despregable, Asesinatos Morales, Colectivo Polaqia, Librería Formatos, Les Cocons, Ediciones espontáneas, Amastra-n-gallar, As + perralheiras, DXI Magazine e Le Chanelas. La Más Bella, Belleza Infinita, La Lata, AAAAA (o noso veciño de sala), La pluma Eléctri*k, Nolens Volens, Fundació 30 Km/s ediciones, El Gaviero Ediciones, Arrebato Libros, Monográfico, Ediciones Trashumantes, Revista Biblia, Atlas Projectos, Rui Gato, A Mula, Stirato, Muf, Shift!, Eloisa Cartonera, Ramona, Viajo, Proyecto VOX, Perro Pila del Jujuy, Album del Universo Bakterial e sobre todo unha aperta os que están en Vigo: http://edita-t.com/, http://fuckcomics.blogspot.com/ e http://www.xogo-descuberto.blogspot.com/

Como colofón, o concerto improvisado de Madamme Cell con Riu Gato...escepcional!!

PARA VER as FOTOS: http://www.flickr.com/photos/25628216@N03/

Enviar comentario
Comentarios
15 de abril do 2008 15:44, por madamme

essa nela!!