[ALG024] Thanos Chrysakis
venres, 6 de outubro do 2006, por Berio Molina.

Xa temos connosco a nova release do netlabel alg-a:

ALG024 - Is there, is there not? - Thanos Chrysakis

Varias morfoloxías tímbricas foron integradas a través do compositional stategy of textural intermodulations. Multicapas de mosaicos creadas con microsonoridades e microritmos que van facendo extructuras e múltiples estratos sonoros.

Thanos Chrysakis é un compositor inglés de orixe grego que fai un extenso traballo dentro do campo das paisaxes sonoras. Á colección que presentamos no netlabel de alg-a, Thanos gostou de poñerlle a etiqueta de paisaxes microacusmáticas, o cal xa nos indica que se trata dun traballo que funde as matemáticas e o extremo coidado na producción do sonido, ese coidado que fai que cada son chisperree e se manifeste en toda a súa forma.
Pero ademáis deste nome que nos brinda Thanos, tamén teriamos que falar da pesadumbre que hai en todo este traballo, os sons de baixa intensidade, e o esforzo perceptivo.

Comentarios
7 de outubro do 2006 09:38, por nela que

entra moi ben....onte escoiteno como tres ou catro veces seguidas........e despexado

apertas o autor

.