Xa temos con nós unha nova publicación para o netlabel alg-a.

Neste caso trátase do traballo Touch Type (The Rising) de Chistopher McFall.

ALG028 - Chistopher McFall - Touch Type (The Rising)

"Touch Type: The Rising" foi composta no inverno de 2006 e representa unha composición de grabacións de campo preparadas tomadas no districto metropolitano de Kansas City. Ademais, as condicións climáticas do duro inverno produciron unha abundante serie de grabacións de campo que serviron como exquisitos samples, sobretodo empregados nos momentos máis "musicais" do traballo, xa que moitos foron extraídos de acumulación de xeo que producian uns efectos de "chain-link".

O resto das grabacións analóxicas e dixitais foron tomadas de diversas fontes da cidade, dende as campás distantes da igrexa ata o rumor do tráfico.

.