Apagón contra o cambio climático
domingo, 11 de novembro do 2007, por nela que.

Con motivo da presentación do Informe científico das Nacións Unidas sobre o cambio climático na semana do 12 ao 17 de novembro en Valencia, numerosas organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e cidadáns do Estado español convocan un apagón co lema “FRENTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA”, para o xoves 15 de novembro de 2007 entre as 20,00 e as 20,05 horas da tarde.
“React Now to climate change”

A convocatoria é aberta e consiste na desconexión do consumo eléctrico en vivendas, centros de traballo públicos e privados, instalacións e equipamentos públicos neses 5 minutos en favor do planeta. Convidamos a adherirse ás persoas e entidades que desexen chamar a atención da sociedade e das institucións acerca da necesidade de tomar medidas urxentes ante esta grave ameaza.

As organizacións que convocan este apagón son:

Ecologistas en Acción, Greenpeace, WWF/Adena, Amigos de la Tierra, SEO/BirdLife, Movimiento Clima, CCOO, UGT, Confederación de STES, Fundación Nueva Cultura del Agua, Paz Ahora, Coordinadora de ONG de Desarrollo, Entrepueblos, Fundación IPADE, Fundación Natura, Fundación Tierra, ACSUR, Asociación Permacultura, Mountain Wilderness, CECU, Justicia y Paz, Intermón-Oxfam, Fundación Ecología y Desarrollo, ADEGA, ADENEX, Acció Ecologista-AGRO, Coordinadora Ecologista d’Asturies, Organització Ecologista L´Escurçó (Tarragona), Fundació Terra, Verdegaia, Asociación Medioambiental La Cirigüeña de Morcín, Colectivo Ecologista de Aviles, Agrupacion Colectivos Asturianos, Avall de Llanes, Green de Carreño, Grupu d’Ornitoloxia Mavea, Ereba, Ecologia y Patrimonio,Liberación-Amauta, Pedalibre, Plataforma 2015 y más...

O anterior apagón que tivo lugar en febrero deste mesmo ano supuso unha caída duns 1.000 Mw, o equivalente a desconexión dunha gran central nuclear ou o conxunto dos grupos térmicos de Aboño.

A caída tivo lugar, principalmente, na Comunidade de Madrid, Galicia, Castilla-La Mancha e Castilla y León. (ver grafico)

.