ARDUINO :: INICIACIÓN
mércores, 11 de xuño do 2014, por madamme.

OBXECTIVOS:

  • Familiarizarse co entorno de desenvolvemento de Arduino.
  • Familiarizarse coa tarxeta lóxica programábel Arduino Uno.
  • Controlar un led dende o código, ler sensores de voltaxe, luminosidade, temperatura.
  • Condicionar o estado do led ao estado dos sensores. CONTIDOS:
  • Instalación e manexo do entorno de desenvolvemento de Arduino.
  • Montaxe pequenos circuitos xestionados por Arduino.
  • Introdución á programación de Arduino. METODOLOXÍA: Obradoiro que percorre todos os pasos precisos para instalar o entorno de programación Arduino co fin de poder ler sensores e condicionar accións en función dos valores medidos, explicando os motivos que se atopan tras cada paso. Recoméndase agrupación por parellas xa que facilita a aprendizaxe.
Enviar comentario