Artfactories é unha plataforma internacional de recursos para o desenvolvemento de toda acción e proxecto (recursos, intercambio, cooperación), contribuindo a xerar reflexións e codigos de prácticas culturais e artisticas.
Artfactories identifica e fai visible o fenómeno destes lugares-proxecto en Europa e outros continentes, respetando a sua diversidade e singularidade. Dandolle valor ós espacios arquitectónicos, antigos lugares de uso industrial, comercial, militar, ... son espacios abertos, amplios, modulares, polivalentes, propicios as necesidades de creación artística en movemento e a exploración sen complexos dunha relación-confrontación mais estreita entre os artistas e a cidade. Estes proxectos poñen en marcha accións ligadas á formación e a solidariedade, á apropiación de prácticas artísticas, culturais, sociais e políticas.
Na web www.artfactories.net podes atopar unha base de datos sobre a evolución destes lugares-proxectos e ferramentas prácticas para axudar a poñelos en marchar e ó seu desenvolvemento.