Abertas as votacións de proyecto demo
xoves, 31 de xaneiro do 2008, por Berio Molina.
categorías: Convocatorias

Xa están abertas as votacións para elixir aos finalistas do proyecto demo, o cal é noticia para a comunidade alg-a xa que Mequetrefe, que publica no noso netlabel, pode resultar un dos elixididos.

Esta é a páxina para facer as votacións.

www.proyectodemo.com/votacion

Tamén lle desexamos sorte aos veciños Franc3s e Austria, e tamén a Fernando Lagreca, colaborador da comunidade de netlabels amiga netaudio.es.

PD: Sempre me pareceu moi interesante a importancia da cultura nos pobos, e como nestes, por exemplo unha Asociación Cultural, se pode convertir en todo un acontecemento social para a súa cultura, xa que a repercusión das súas actividades é directa nos seus habitantes e non hai discriminación de ningún tipo e todos disrutan dun facer común e colectivo do cal se identifican profundamente. Unha vez máis esta implicación se ve reflexada no anuncio da clasificación de Mequetrefe na páxina oficial do concello da Fonsagrada (facede click no link de taboleiro), de donde é nativo. (Gracias a Nano pola súa labor de difusión).

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina