Actividades de Proxecto-Edición para hoxe e mañán
xoves, 14 de setembro do 2006, por Chiu Longina.
categorías: Axenda

http://www.proxecto-edicion.net/

1. Francesc Ruiz vén de rematar logo de 40 días de intenso traballo o seu proxecto La Cosa na Fundación Luis Seoane da Coruña. O artista contará con diversas obras nas dúas exposicións de Proxecto-Edición no CGAC.

2. Hoxe xoves 14 de setembro ás 20 horas inauguraranse no CGAC as dúas exposicións do Proxecto-Edición: PAPERBACK. edicións baratas comisariada por Amanda Cuesta e O futuro da actualidade comisariada por Manuel Olveira.

3. Mañán venres 15 de setembro ás 20 horas, e dentro do Proxecto-Edición, inaugurarase no Espacio Anexo do MARCO a exposición de Martín Pena, Espazos de recreo.

4. Estanse pechando os preparativos para a celebración da Feira-Encontro do Proxecto-Edición que terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra entre os días 27, 28 e 29 de outubro. Este é o enderezo de contacto: feira@proxecto-edicion.net (para suxerencias, solicitude de participación, etc...)

Enviar comentario
Categorías
Chiu Longina