Add-Art by Steve Lambert
domingo, 7 de decembro do 2008, por Paola.

Add-Art é unha extensión de Firefox que substitúe imaxes publicitarias en páxinas web con imaxes comisariadas de proxectos artísticos. Desta maneira, Add-Art converte o teu navegador nunha especie de galería de arte con traballos de novos artistas contemporáneos. Add-Art é un proxecto colaborativo baseado en tecnoloxías de código aberto desenvolvido en Eyebeam OpenLab, por Steve Lambert . Este proxecto esta aberto á colaboración de comisarios. O proxecto tamén contou para o seu desenvolvemento co apoio do programa Comissions de Rhizome.

via:thetrendnet


Introduction to Add-Art from Steve Lambert on Vimeo.

Comentarios
7 de decembro do 2008 11:37

Haberá que probar. Boísimo!

8 de decembro do 2008 02:16

Na lista de nettime tamén anunciaron a saída dun add-on para firefox feita por uns estudantes do Media Design M.A. department of the Piet Zwart Institute Rotterdam chamado "Pirates of the Amazon". O que fai o plugin é que cando te conectas a Amazon para mercar algo, os produtos saen directamente linkeados para baixar gratis en The pirate Bay.

Pode lerse máis sobre o tema no seguintes links:
http://digg.com/tech_news/Shop_Amazon_For_Free_w_Firefox_Add_on_Linking_to_Pirate_Bay
http://www.download.com/8301-2007_4-10112541-12.html
http://www.washingtonpost.com/wp-dyn/content/article/2008/12/04/AR2008120401751.html

E tamén o foro de discusión que a nova creou na lista nettime: http://www.nettime.org/Lists-Archives/nettime-l-0812/threads.html

A páxina do Add-on (http://www.pirates-of-the-amazon.com/) xa non ten o plugin, pero se alguén ten curiosidade pode baixalo na seguinte ligazón http://torrentfreak.com/files/piratesoftheamazon.xpi

.