Aderiva.net: comunidade de creación e acción
martes, 1 de maio do 2007, por Berio Molina.
categorías: Comunidades

Aderiva é unha comunidade afincada na Coruña e un espazo voluble de creación e construcción antagonista.

Na súa páxina web atópamonos con tres grandes seccións-proxectos de acción:

Olholivre:
olholivre é un proceso vital pensado para construir un espazo de trabalho onde creadoras e activistas conflúan na creación de ferramentas de expresión feitas desde e para os movementos sociais.

Entre os seus obxetivos constituintes está a formación teórico e práctica fora do sistema formal de ensino, ca idea de construir un grupo aberto de trabalho preparado tecnicamente (no conhecemento e nos medios) para emitir crónica e opinión en forma audiovisual calquera sobre a nosa realidade social e política.

hacktreu:
Un hacklab: laboratorio do devir ciborg en montealto. Que de momento conta con cursos como o Obradoiro de GNU/LINUX

Interferencias:
Espacio expositivo de material rebelde de expresión gráfica e sonora.

Aderiva

Enviar comentario
Comentarios
3 de maio do 2007 06:17

hai algún xeito de contactar con a deriva?

3 de maio do 2007 11:45, por berio

Pois non o sei. Non atopei ningun contacto na súa páxina.

Proba a poñer unha mensaxe no foro da páxina:

http://aderiva.net/tiki-view_forum.php?forumId=2

4 de maio do 2007 10:52, por guido

ei compas!!

son o guido, de aderiva.net. este é un proceso en construcción permanente, e tedes que desculpar non ter ainda un mail para comunicar con nós. en calquer caso, deíxovos o meu namentres non fagamos un propio. é: guido*aderiva.net (o asterisco é para evitar o spam, obviamente é unha @ :)) )

unha aperta

pd: en breves agardo incorporar máis info do noso traballo nesta páxina, sería moi interesante artellar formas de traballo e formación conxuntamente.

Categorías
Berio Molina