NORMAL
7 Feb / 31 Mar
Paseo de Ronda 47,
15011 A Coruña
Esta exposición nace como un intento de meter baixo o mesmo teito algunhas propostas interesantes dentro do panorama galego da arte contemporánea máis actual. Nun principio, inténtase coutar o campo de actuación a artistas relacionados coa escena da arte urbana ou o graffiti en Galicia e, aínda que finalmente non todos os artistas propostos traballan de forma activa na rúa ou simplemente o fixeron de modo tanxencial nalgún momento da súa traxectoria, todos reflicten dalgunha forma nas súas propostas a influencia da sociedade urbana contemporánea, do mundo da banda deseñada ou da ilustración, do post-graffiti e da cultura do faino ti mesmo.
Participan:
Víctor Hugo Costas
Alberto Gracia
Tronquis
Nano4814
Sekone
Pilas
Tayone
Luís Díaz