O documental Style wars do ano 1982 mostra o bombardeo masivo dos graffiteros aos trens da cidade de Nova York. Unha estampa que se convertía en parte da súa identidade, nun atractivo máis da propia cidade. Unha arte que partía da rúa e que lentamente se ofrecía acoutado en lenzos nas galerías neoiorquinas. Por aquel entón a loita da policía contra esta actividade era considerada como un acto de vandalismo, e no documental saen moitas reflexións dun e outro bando.
É incrible que tantos anos despois o graffitero Alan Maridueña, máis coñecido como Ket, unha desas lendas da escena do Nova York dos anos oitenta enfróntase agora a unha condena de 42 anos de cárcere por tagear co seu nome os trens. Cousas que pasan nos states. Montouse unha campaña de apoio con distintos eventos.
Detras da súa detención atópase o concelleiro Peter Vallone Jr. que comenta:
"o grafitti só significa a destrución da propiedade privada e iso non o imos a tolerar. [?] O grafiti non ten nada que ver coa arte. Do único do que se trata con estes criminais é do aproveitamento dos demais para beneficio propio."
Artigo en aerosol