Alg-a en AulAbierta (Granada)
luns, 30 de novembro do 2009, por madamme.

Do 3 ao 5 de Decembro Alg-a vai colaborar no encontro Negociaciones culturales. Articulaciones de las pedagogías colectivas y las políticas espaciales, seminario internacional integrado dentro do proxecto TRANSDUCTORES. Pedagogías colectivas y políticas espaciales. Este seminario presentará unha serie de colectivos e proxectos culturais, educativos e sociais que combinan o traballo pedagóxico e a intervención no espazo público, desbordando os límites tradicionais da educación.

TRANSDUCTORES, é un proxecto do Centro José Guerrero, ideado dende AulAbierta, e coproducido pola Universidade Internacional de Andalucía-UNIA arteypensamiento e o Ministerio de Cultura.

Alg-a en AulAbierta (Granada)

Enviar comentario
Comentarios
30 de novembro do 2009 05:09, por man_hauser

madamme,

agardo con impaciencia a aprendizaxe que de alí poidas sacar e me pregunto polo modo no que poderiamos incorporar algo (ou moito) diso a un proxecto en común con universidade invisíbel.

apertas!
a aprender moito.....

30 de novembro do 2009 12:20, por madamme

Pois sí Man, tant Berio coma min ímoslle con moitas ganas, xa vos contamos, por certo a Invisível tamén andabades polo sul non?
abraço!

2 de decembro do 2009 02:57, por man_hauser

eu estarei:

4, 15 y 16 diciembre 2009 | Sede de Baeza
Workshop Universidad Expandida.