Alg-a en Terr@ctiva
sábado, 2 de outubro do 2010, por madamme.

Participación conxunta do Centro Veciñal de Valadares + Alg-a no
Festival das Artes pola Diversidade Terr@ctiva (Arzúa)

Terractiva é un festival de alternativas que celebrará a súa edición 2010 no concello de Arzúa (A Coruña) na fin de semana do 2 e 3 de outubro. Nesta proposta poderase acceder a xeitos de mellorar a nosa calidade de vida a través de obradorios formativos, ademais de contar igualmente con espazos de expresión artística e cultural e que, sobre todo loitan pola defensa da diversidade. É posible a defensa do medio ambiente desde a cultura, a arte e a solidariedade e así o entende esta proposta coa conxugación das producións culturais e o xeito de relacionarnos e interaccionar con nós e co medio.

Volve tamén a Feira Ecolóxica Feir@ctiva, na que se porán á venda produtos ecolóxicos, se poderán atopar movementos sociais e diferentes tipos de artesanía, ademais de gozar con diversas actuacións musicais e teatrais cun nexo ecolóxico común, obradoiros medioambientais, ludoteca infantil e diversas actividades lúdicas, entre outras actividades

Enviar comentario
Comentarios
11 de outubro do 2010 09:59, por man_hauser ii

E non había nada de mediciña alquímica nesta Feira de produtos? Hai unha interesante relación entre as cartas astrais e as prantas medicinais e curadoras, así como as partes do corpo vencelladas a cada cadro. Isto daría lugar a unha farmacoloxía imaxinaria da que seguro GUS sabe un pouco.