Amencer dixital. Loop.ph
venres, 6 de xullo do 2007, por Isaac Cordal.
categorías: Creacións

Loop.ph é un estudio multidisciplinar formado por Rachel Wingfield e Mathias Gmachl dende o ano 2002. Os seus campos de traballo inclúen o deseño, a construción e a fabricación de téxtiles estruturais responsivos. Experimentan co uso da electrónica aplicado ás que serán as novas teas, papeis de parede, vidreiras, etc.

DigitalDawn é unha persiana interactiva na que a súa superficie se modula dependendo da luminosidade, emulando o proceso da fotosíntesis mediante o uso de tecnoloxía electroluminiscente impresa. Canto máis escuro é un espazo máis brillante será a persiana. Utiliza a enerxía natural do sol e almacena a electricidade.

Outro proxecto moi interesante sobre superficies que se modulan dependendo os cambios ambientais é THERMAWALL
de Vincent Jacquier e Guilhem Moreau. Podería pasar que entremos na nosa casa e non a recoñezamos.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal