Amor verdadero, Humo e Just Married

O traballo de Lola Lorente está centrado na súa gran maioría no medio do cómic e a ilustración. Mediante un uso da valoración lineal utiliza formas sintéticas e cerradas en si mesmas, que misturadas con tramas barrocas e a acumulación de trazos, consegue mostrar unha ambientación particular e inquietante.

Partindo sempre dunha temática escura, o debuxo e so unha escusa para contar historias nas que a súa maior preocupación é definir psicolóxicamente as súas ambiguas personaxes. Bosques escuros, nenos con problemas, adultos desequilibrados, escenarios modernistas, flores marchitas, bonecas rotas parlantes ou personalidades poliédricas son so algúns dos temas que toca esta debuxante Alicantina nas que sempre trata o “outro lado” das relacións sociais.

A serie de páxinas que mostra para alg-a se compón de historias curtas aparecidas en revistas nacionais como Nosotros somos los muertos, TOS ou dos veces breves.

Actualmente prepara o seu primeiro cómic largo que sairá publicado a principios do 2009.

Enviar un comentario - 3 comentarios