Animata, open source software.
luns, 7 de decembro do 2009, por Isaac Cordal.
categorías: Creacións, Software, Video

Animata é un software open source de animación a tempo real, deseñado para crear animacións, proxeccións interactivas para concertos, teatro e danza.

A peculiaridade do programa é que a animación - o movemento dos monicreques, os cambios no fondo - xéranse en tempo real, facendo posible a interacción continua. Esta capacidade tamén permite que os sensores físicos, cámaras fotográficas póidanse conectar á animación de personaxes, creando escenas que reaccionan co seu entorno. Por exemplo, é moi sinxelo crear un monicreque virtual que reaccione co audio, ou a creación dunha escena de debuxada en que os personaxes sexan controlados polo movemento dos bailaríns.

Animata é desenrolado por Peter Nemeth, Gabor Papp e Bence Samu en Budapest Kitchen.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal