Antía Sánchez na Regueifa Plataforma.
xoves, 2 de novembro do 2006, por Isaac Cordal.
categorías: Pintura-debuxo

Na Regueifa plataforma expón Antía Sánchez o seu “caderno de campo” do ano 2004. Nesta obra atopámonos nun universo particular que mezclase coas ilustracións do libro orixinal (Flores e prantas de Vicente Mundina Balaguer do ano 1974). A peculiaridade desta reedición do caderno en formato dixital, que xa foi publicado en alg-a anteriormente, é a animación na súa presentación e o audio feito pola mesma artista co seu proxecto Mumio.

[Txt na Regueifa] No netlabel inauguramos a sección de ARTES PLASTICAS coa edición en imaxes e en formato video do Libro de Artista da pintora viguesa Antía Sánchez. Máis info e descarga do pdf e do video aqui.

O libro de artista é unha obra de Arte, realizada na súa maior parte ou na súa totalidad por un artista plástico.É unha forma de expresión, simbiosis de múltiples posibles combinacions de distintas lenguaxes e sistemas de comunicación (...) Este carácter interdisciplinar, permite ao Libro de Artista ser o medio de expresión de calquera movemento da Arte Contemporánea, converterse en poesía visual, en happening, en soporte subversivo, en conto infantil, en escultura móbil....ata en novela de ciencia-ficción. Conséguese, en definitiva, unha liberdade creativa total. Entre os diferentes libros de artista clasificamos o realizado por Antía Sánchez como un libro reciclado no que partindo dun libro de edición normalizada, o artista manipulao ata convertelo nunha obra propia.

Enviar comentario
Comentarios
13 de novembro do 2006 14:13, por Tasha

Está chulísima Antía. Noraboa

Categorías
Isaac Cordal