Arquivo audiovisual Balor.
luns, 22 de decembro do 2008, por Isaac Cordal.

Balor, a little Galician accent but good é un proxecto documental opensource sobre a creación colectiva de cultura independente galega, percorrendo dende os albores do s.XX ata os nosos días.

Neste mes de Decembro comezamos a subir entrevistas o noso arquivo audiovisual, nel podedes atopar entrevistas a Roberto Varela, Antón Cabaleiro, Octavio Vázquez, Ruben Santiago, Miguel González. Nos vindeiros meses subiremos a web gran parte do material gravado.

Trailer: Balor, a little Galician accent but good


Saír gaña-lo pan. Deixalo balorecer. Voltar cun bocado de cultura.

Balor= lat. pallore capa de fungos na materia orgánica en descomposición.

O percorrido de dous emigrantes galegos en New York que, afastados por 90 anos, colaboraron na creación dunha cultura independente galega: dende as escolas laicas ata a arte dixital.

Entrevistas arquivo audiovisual Balor



Entrevista a Roberto Varela. Parte #1. from Balor on Vimeo.

Entrevista a Roberto Varela é o Cónsul do departamento de Cultura de españa en New York.

Entrevista realizada en Central Park, NY en decembro de 2007.

Entrevista o artista galego Antón Cabaleiro en New York en Decembro do 2007.

Entrevista o artista galego Ruben Santiago en Marzo de 2008 en Barcelona.

Máis info en relación o seu traballo:

Hangar
Cultura galega


Entrevista a Octavio Vázquez. from Balor on Vimeo.

Entrevista o compositor galego Octavio Vázquez en New York en Decembro do 2007.
Máis información sobre o seu traballo na seguinte ligazón: octaviov.com


Club de España - Newark from Balor on Vimeo.

Conversa co presidente de Club España na sede en Newark (EEUU) en Decembro do 2007.

Visita das instalacións. Cantareiras americano/galegas.

Entrevista a Don Isaac Díaz Pardo no IGI en Compostela en Marzo do 2007 coa ameaza de cortarlle a luz eléctrica nas instalacións e suspensión de pagos para os empregados por parte de Sargadelos.

Entrevista a Don Francisco Fernández del Riego.

Nacido en Vilanova de Lourenzá en 1913. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega.

En 1995 donou á cidade de Vigo a súa colección de libros, que constitue a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego. É director, ós seus 94 anos, da Biblioteca da Fundación Penzol, en Vigo.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal