Arround the wall

Publicamos na galería Alg-a unha recopilación de traballos feita polo artista valenciano Escif baixo o título Around the wall. Escif é un street artist cun estilo moi persoal que utiliza os muros en ruínas como soporte pictórico para expresar o seu propio universo simbólico desde un punto de vista social e crítico.

Trato de enfocar o meu traballo ao redor de conceptos, non só de formas. Trato de atopar o meu estilo, como as consecuencias das miñas propias ideas.
Entendo a pintura como un exercicio de reflexión que se pode compartir coa xente.
Non estou buscando pinturas decorativas, trato de espertar a mente dos espectadores.

Estracto da entrevista publicada en Unurth.

O seu flirck resúltame especialmente interesante xa que engade títulos ás súas intervencións a modo de reflexión e intencións.

Sobre o street art en Valencia hai un libro moi interesante chamado Textura: Valencia Street Art.

Agradecerlle a Escif a súa colaboración con Alg-a.org e desde aquí desexarlle o mellor.

Enviar un comentario -