Do 8 ao 30 de Xullo no MACUF (A Coruña) terá lugar unha nova edición da Mostra de Arte e Experimentación Sonora.
O programa desde ano conta coa presenza do artista sonoro grego ILIOS, o proxecto experimental underground de longo recorrido Like Drone Razors Through Flesh Sphere e a actuación audiovisual do duo de euskadi formado por Tzesne e Paralux.
Ademais disto haberá unha presentación da plataforma ArtoArtian e se desenrolará un obradoiro de iniciación a Super Collider orientado a todos os interesados na aplicación desta linguaxe de programación na sua creación artística ou musical. Este obradoiro terá un caracter de iniciación e aproximarase o entorno dunha forma sinxela e aberta, facendo posible o acercamento dende calquer disciplina sen ter ningún coñecemento previo de son ou programación.
O remate do obradoiro terá lugar unha pequena actuación con todos os participantes do obradoiro interesados formando unha "Laptop Orchestra" e unha performance do activista sonoro Joaquín Lana.
8 de Xullo 22:00 - ILIOS
17 e 24 de Xullo - Obradoido Supervivencia en Super Collider
22 de Xullo 21:00 - Like Drone Razors Through Flesh Sphere
29 de Xullo 19:30 - Presentación Arto Artian
29 de Xullo 22:00 - Tzesne + Paralux
30 de Xullo 21:00 Joaquín Lana e Laptop Orchestra