Arte y Lapiz, buscando la Exit
xoves, 21 de setembro do 2006, por Isaac Cordal.
categorías: Publicacións

¿Jose Lens paréceche algo ñoño? ¿Queres botarlle flores a Rosa Olivares? ¿Tómache o pelo Calvo Serraller? ¡Agora todo pode cambiar! ¡Solicitamos a vosa colaboración no noso novo proxecto “Arte y Lapiz, buscando la Exit”!. “Arte y Lapiz, buscando la Exit” pretende ser unha revista de crítica de arte, pero non ó uso. Nela podedes participar sexades quen sexades (artistas, críticos, periodistas, profesores universitarios…), baixo seudónimo ou co voso nome real, coa única condición de que as vosas críticas (positivas e negativas) versen sobre críticos do mundo da arte e que non sexan a biblia do mormón en canto a extensión. Porque xa está ben de que eles se farten de falar sobre os artistas na miríada de plataformas das que dispoñen e nós non teñamos un espazo propio no que criticalos a eles. O proxecto materializarase na edición da citada revista (tirada aínda por determinar) e a sua presentación pública na sala Alterarte do Campus Universitario de Ourense en novembro do 2006. O prazo de entrega dos textos é ata o vindeiro 29 de outubro, así que nada de andar a modiño.

Agardando a vosa desinteresada participación, mandámosvos un saúdo.

colectivo CAPRICHO ESPAÑOL
(Ruth Powers, Arthur Fortune e Nico Campos)
mail: caprichespanhol@yahoo.es

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal