Artech 2006 - 3º Conferencia Internacional de Arte Electrónico e Dixital
“Linking Frontiers”
“Arte, tecnoloxia, ciencia e sociedade”
Pontevedra, Galicia, Spain, 17-18 Novembro 2006

OBXETIVOS

Artech 2006 vai ser a terceira conferencia, trás Artech 2004 celebrado en Lisboa e Artech 2005 que tivo lugar en Vilanova de Cerveira organizado entre Portugal e Galicia, en relación coa difusion da investigación, o desenvolvemento e a experimentación no contexto da arte electrónica e dixital asumindo tanto os seus condicionamientos de caracter artístico como as súas características técnicas. Ó mesmo tempo que se pretendía promover os contactos entre o contexto peninsular e as contribucións internacionais no que atinxe ós aspectos sobre a producción, a distribución de arte dixital e dunha concepción ampliada da relación entre arte, ciencia, tecnoloxía e sociedade.

Artech 2006 quere brindar a toda a comunidade científica, tecnolóxica e artística interesada no contexto da cultura dixital e na intersección entre a arte a ciencia e a tecnoloxía, como un importante campo de investigación, un espacio común para a discusión e o intercambio de experiencias así como promover un foro para artistas fomentando a comprensión e apreciación desas novas formas de expresión cultural.

A rede, a cidade e a sociedade son o escenario para unha rede de traballo baseada nun contexto interdisciplinar entre diferentes sistemas. Agora, arquitectos, economistas, biólogos, artistas, urbanistas, etc… teñen que re-pensar o concepto de cidade, comunidade, mapa, identidade nun novo camiño , nun contexto de interconexións no ecosistema dixital.

Programa
Txt en artech06

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal