O grupo de programadores e usuarios de Linux GPUL achega por segundo ano o mundo da informática gráfica e o software libre ao público. Durante a mañá do martes 6 de marzo presentaranse no salón de graos da facultade de Informática da Coruña catro conferencias que darán a coñecer as ferramentas libres que existen para a creación de produtos audiovisuais, as súas vantaxes e o seu uso.

As xornadas ábrense ás dez coa conferencia de Juan Javier Martínez, responsábel do proxecto audiovisual Acuática, elaborado integramente con aplicacións libres. Martínez amosará unha perspectiva histórica do software de código aberto para traballar con imaxes, vídeo e deseño en tres dimensións.

A partir das once, Alberto Jaspe, do GPUL, presenta VideaLAB, grupo de investigación da universidade coruñesa que desenvolve o seu traballo no eido dos gráficos por computador. Jaspe falará do uso do software libre na investigación e a explotación de aplicacións gráficas interactivas.

Ao mediodía será a quenda de Jacques Isaac, director técnico de Bren Entertainment, empresa compostelá dedicada á produción de cine de animación e que se encargou do apartado gráfico da recentemente galardoada nos Goya Pérez, o rato dos teus soños. Isaac repasará a historia da empresa e explicará cales son as principais tendencias de uso de aplicacións libres na industria da animación. Tamén explicará cal foi o software que se empregou no filme.

A xornada pecharaa á unha da tarde Antonio Seoane, de VideaLAB, que falará das ferramentas de software libre que permiten desenvolver aplicacións en tres dimensións en tempo real. Fará, ademais, unha comparación entre ferramentas libres e software privativo.

Fonte: Vieiros

Enviar comentario
Categorías
nenoescuro