Ata pronto Virxilio
venres, 18 de xullo do 2008, por Sr pause.

Hai dous días faleceu Virxilio Vieitez. Para que non o saiba, Virxilio foi un fotógrafo ambulante de Soutelo de Montes, que pasou a vida retratando ás xentes da súa terra. A súa sensibilidade facía que retratos para fotos-carné acadaran o nivel de arte e testemuña social dunha época e un lugar.

Os repolos servían de cuidada escenografía pra fotografar unha boda, as sabas de fondos cuase heroicos, e as xentes retratadas adquerían unha dignididade inusual. Foi o retratista tamén, xunto con Manuel Ferrol, da emigración dende dentro, dos que quedaron ou os que voltaron.

Unha aperta e ata logo, Virxilio.

Enviar comentario
Categorías
Sr pause