Audio Space de Theodore Watson
venres, 17 de outubro do 2008, por Berio Molina.

Esta vai dedicada aos mediateletipeiros, aínda que seguro que xa a coñecen que non se lles escapa unha.

Audio Space é unha instalación de Theodore Watson que consiste en que a xente vai deixando gravadas mensaxes sonoras nun espacio, de forma que despois outras persoas, e movéndose fisicamente por ese espacio, poden "atopalas e escoitalas".
Practicamente a idea é construír un espacio-memoria donde a xente pode tanto deixar a súa pegada como descubrir a dos demáis.

O traballo é de Theodore Watson, coñecido por desenvolver a libraría [Openframeworks e por levar a cabo e colaborar con numerosas e interesantes iniciativas de arte interactiva como o Graffitti Research Group.

Podedes atopar máis información e videos na súa páxina

.