Balor [a little Galician accent but good]
luns, 14 de maio do 2007, por Isaac Cordal.
categorías: Mediatecas

Saír gaña-lo pan. Deixalo balorecer. Voltar cun bocado de cultura.

Balor= lat. pallore capa de fungos na materia orgánica en descomposición.

Balor [a little Galician accent but good] é un proxecto documental sobre a creación colectiva de cultura independente galega,percorrendo dende os albores do s.XX ata os nosos días; dende os baúles enferruxados dos emigrantes ata as bitácoras dixitais.

Consta de 4 seccións:

Arquivo Audiovisual, con entrevistas e outros documentos audiovisuais sobre persoas relacionadas coa creación colectiva de cultura na Galiza.

Arquivo Fotográfico, onde ve-las fotografías sobre cultura e emigración que os usuarios doan ó proxecto Balor.

Mapa da Emigración, unha ferramenta interactiva para localizar historias perdidas e encher de novas e vellas experiencias migratorias.

Filme Documental, un proxecto sobre o percorrido de dous emigrantes galegos en New York que, afastados por noventa anos, colaboraron na creación de cultura independente galega.

Das escolas laicas nos 20 ata a arte dixital do novo século.

Balor [a little Galician accent but good] é un proxecto de Roi Fernández e Isaac Cordal, co soporte da comunidade Alg-a.org e dos desenvolvedores do plugin Spip Gis

a web do proxecto BALOR

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal