O día segundo da nosa estadía en NY, o xoves 22 de novembro (xa vedes que imos saltando de datas nas crónicas, as imos contando segundo as imos sentindo) fomos á casa do Max. Max Gómez é batería de jazz, natural de Moaña, que leva tres meses nesta cidade inmensa e sonora. Nós entramos no país poñendo a súa dirección no formulario verde de inmigración, no recadro onde o goberno federal pide un aval para a túa estadía, unha dirección cara onde poder apuntar os satélites se fas un movemento en falso. Ademáis veunos recoller ao aeroporto, e deunos os primeiros consellos para sobrelevar a cidade.

Max Gómez

Max veu con outros 5 amigos músicos, coa intención de rastrexar cada clube e recuncho, dende o Village Vangard ata o derradeiro garito onde soen acordes Blue Note, logo fóronse atopando con máis xente. Cando lle preguntamos a Max qué veu a facer aquí, nos respondeu que a sua intención era estudiar. Max e os seus amigos, estiveron asistindo a clases maxistrais, escoitaron varios concertos por noite e participaron en varias sesións. Hoxe están voando de volta para Galicia.
Para atoparnos con él, viaxamos ata Queens, ata unha casa de dúas plantas con veciños aos que non lles importan as sesións interminables de jazz. Porque o local onde máis tocan estes galegos é na súa cociña-salón-dormitorio. Aló grabamos unha longa jamm session, misturando improvisacións con versións de Coltrane ou o Kind of Blue de Miles Davis. Bó pasto de documental, galegos a tempo real. Jazz e migración cultural: rematamos o día cunha entrevista improvisada sobre identidade, economía, budú e morriña.

Jamm na casa do Max

Na sesión estiveron Iago aos teclados, que se vai a quedar a vivir aquí en Nova Iorque a estudar piano, grazas entre outras cousas a unha beca, Juansi ao contrabaixo, que tiña moitas gañas de volver xa para Galicia, Max á batería e un compañeiro francés chamado Eric tamén ao contrabaixo.

O amigo Eric

En Galicia, podedes atopalos polo clube de jazz Manteca, en Vigo.

Pola mañá estivemos gravando entre as dúas pontes de Brooklyn e Manhattan, como xa puidestes ver nunha foto da crónica anterior. Alí estivemos un bo rato esperando a que o sol saíra de detrás dun enorme edificio, para poder ter unha boa luz na gravación, e mentres esperabamos puidemos conectarnos a internet, gracias á única rede libre que atopamos polo de momento na cidade, que aínda que era moi deble, chegounos para baixar o mail.

Wifi libre

Tamén aprobeitamos o momento para pescar un pouco de son a modo de paisaxe sonora, coa axuda da pértiga e o micro direccional, como podedes ver na seguinte fotografía.

Pescando

Tamén puidemos asistir a unha boda de xaponeses que estiveron un bo caxo alí bicándose e sacando unha imaxes de video.

Cando xa saiu o sol, estivemos gravando varias conversas sobre temas do documental como a creación dende a colectividade, a falta de xente, a ida sin volta á outras cidades de fóra de Galiza, as becas, os cartos públicos e demáis. Temas que iran desenvolvéndose no documental cos diferentes persoaxes e ubicacións que quedarán retratadas.

Roitoski

Tamén subimos á ponte de Williamsburg, gravando algunha paisaxe sonora, pero xa vos contaremos noutra crónica máis sobre pontes, porque andivemos unhas cantas.

Anécdotas:

A anécdota da recompensa dos 10,000.00 dólares

Non sei si foi este día, aínda que creo que si. Despois de rematar de gravar as tomas entre as dúas pontes de Brooklin e Manhattan, decidimos ir a comer a unha zona que había por ali.
Entramos nun supermercado e compramos os típicos bocadillos de xamón iork e queixo. Cando saímos fixámonos nun cartel que podedes ver a continuación:

Recompensa

O cartel está escrito pola Jewish Community Relations Council of New York, que supoño que é a comunidade de xudíos de Nova Iorque, ou algo así. O caso é que alguén andivo facendo pintadas de cruces esvásticas por certas zonas do barrio de Brooklyn (donde hai zonas que están totalmente habitadas por xudeos ortodoxos), e ofrecen unha recompensa de 10,000.00 dólares a quen lles entregue ao "culpable". Din que a policía non ten nada que ver coa recompensa e que é a Jewish Community Relations Council quen dará os cartos.

Máis fotos:

Roitoski

Esperando a que saíra o sol

Gravando na casa do Max

Foto de Max e Juansi que entre tema e tema, lle daban ao skype.

Comentarios
30 de novembro do 2007 05:13

Que ganas de ver esas fotos en movemento!!
Muaks

Antía

30 de novembro do 2007 11:30, por nela que

parece que fai frío en la new york antes de sair o sol . . . eh?

jolines . . . . que envexa mais bonita.

bicossssssshhhhh........................

3 de decembro do 2007 04:53, por chiu

pois si que estades facendo cultura galega vós, noraboa

ahi unha wifi aberta na columbia university, ó lado do guguenhein, (dime juan), alí conectouse varios días.

aperta a ata xa moi pronto
bicos para todos

.