Primeira crónica da estadia de Balor e Alg-a en Nova Iorque.
Documental sobre a creación cultura independente galega fóra de Galicia.
Crónica do venres 23 de Novembro.

Ola xente!

Como xa sabedes algúns alg-a levamos varios dias asentados en Nova Iorque, con motivo do documental que o Isaac e o Roi están levando a cabo, e porque un servidor se atopae vivindo cerca de aquí.


Ceando nun bar ao lado do hostal.

O documental tamén o coñecedes xa. Chámase Balor e podedes consultar máis información aquí, que consiste basicamente nun documental aberto (open-source) sobre xente galega relacionada coa cultura que se atopa fóra da súa terra.


Grabando entre as pontes de Brooklin e Manhattan.

O Roi e o Isaac levan aquí dende o martes día 20, e eu dende o sábado 17, quedándome aloxado na casa de Paola vhplab (un saúdo e mil gracias!) ata que chegaran. Agora atopámonos no Hostal Chelsea, que non é o Hotel Chelsea donde a palmara o Sid Vicius, senón unha especie de albergue donde nos atopamos convivindo cun personaxe diferente cada día, xa que a habita e para catro e nós somos tres, e cada día nos atopamos cunha nova persoa durmindo na cama que hai libre.


Na habita do hotel.

Aínda que pareza estrano, resulta difícil conectarse a internet. Hai wifis por todos lados, pero como non, hai que pagar para ter acceso a elas, e son moi poucas as cafeterías que che dan acceso libre (polo que levamos visto ata agora). Mesmamente no albergue no que estamos hai que pagar 10 céntimos ao minuto.
Soemos conectarnos nunha biblioteca pública (700k de subida!) que hai en Manhattan en fronte do MOMA, donde hoxe Roi atopou uns documentos con información sobre o seu bisavó, que viaxara emigrado aos EE.UU., acerca do barco no que viaxara e donde estivo vivindo. O Roi está moi emocionado.

Onte á noite fomos a un local chamado Highline Ballroom, xa que actuaban os Black Dice. Levaban de teloneros a outros dous grupos chamados Awesome Color e Wizzardzz. Awesome Color facían unha especie de rock-pop, mixtura de Sonic Youth e Yo la tengo. Estiveron bastante ben.

Logo viñeron os Wizzardzz, donde tocaba un tal Brian Gibson, baixista dos Lighting Bolt’s. Wizzardzz, fixeron unha actuación moi potente e moi boa, herdeira do son da no-wave, cun baixo dunhas sonoridades moi densas e obsesivas e unha guitarra de efectos agudos, estridentes e rotos cheos de frecuencias que envolvían aos espectadores nun telón de fondo. A batería tiña dúas caixas electrónicas de donde saían unhas sonoridades moi extranas. Como resultado o son variaba dende ritmos freneticos a ambientes sonoros, pasando por momentos de repetición e obsesión. Ás veces o guitarrista soltaba algúns berros que se fundian co son da súa guitarra. Moi bos. Fixéronos volver a unha época que nos gustaría ter vivido nunha sala donde xa non quedaba ningún resto de calqueira tipo de vicio, suciedade e ambente enfermizo, a dos oitenta da Lydia Lunch, Arto Lindsay, James Chance e Glenn Branca.

Wizzardzz

Wizzardzz

Finalmente chegou o momento dos Black Dice, un concerto impresionante, de retroalimentacións analóxicas. Tres músicos, dous aos lados con sendas maletas cargadas de cableados, samplers e efectos, e o do medio cunha guitarra e tamén con similar maleta. Os dous dos lados manipulaban cunha man unha especie de timbales cuxo sonido era manipulado en tempo real pola outra man ao manipular os diferentes cacharros que tiñan na súa maleta. De fondo unhas proxeccións de video de efectos ácidos e cores fosforitas. Como resultado un concerto moi orixinal que mixturaba ritmos bailables e masa ruidista, que sorprendentemente fixo bailar aos asistentes, que por certo eran de maioría adolescente.
En fin, ahí vos deixamos uns videos que poidamos gravar coas nosas cámaras de video para que vos faigades unha idea do que pasou esa noite.

Black Dice

Black Dice

Anécdotas:

A anécdota dos militares que querían mexar en honra á patria americana.
Un día, antes de que chegaran o Roi e máis o Isaac, estaba con Eren e máis Bora nun restaurante dos que dan de comer hamburguesas, na cola de espera dos servizos, cando chegaron dous militares americanos borrachos perdidos.
Puxéronse no medio da cola, e berrando dixeron que acababan de chegar de Irak de matar a moita xente no nome de tódolos americanos que estabamos alí presentes, e que polo tanto querían ir a mexar os primeiros, e que lles deberiamos deixar pasar en recoñecemento ao seu mérito.
Ningún dos presentes se sentíu aludido (de feito, dudo moito que houbera maioría de norteamericanos nativos nese restaurante-bar-sitiodecollerepirar) e os invitaron a saír do local.
Os militares fóronse regañando os dentes.

Supoño que o desprecio dos seus "compatriotas", non dándolles o privilexio de poder mexar primeiro, os fundiría nunha profunda crise e polo tanto aínda seguiran bebendo.

A anécdota do home dos servizos.
Estabamos o Isaac, o Roi e máis eu na sala Wizzardzz, donde actuaban os Black Dice, entón ao Isaac decidiu que quería ir ao servizo, e alá foi.
Como xa sabedes, na América dos Estados Unidos e especialmente en Nova Iorque, hai moita cultura das propinas. Parece ser que por exemplo os camareiros non teñen soldo, ou é moi moi baixo, e tan só viven do que a xente "xenerosamente" lles dan. De feito, cando che traen a conta, na letra pequena che aconsellan que lles deixes un 15% do total como propina para os camareiros. E incluso hai xente que dice que sempre se debe deixar o dobre do porcentaxe do iva, sempre e cando che fagan algún servizo (non sería necesario deixar propina por exemplo nun destes restaurantes de autoservizo). Esto faiche entrar nunha especie de paranoia, donde nunca sabes si tes que deixar propina e a quen lla debes dar, ou si fas ben deixandoa.
Cando Isaac volveu do servizo, viña sorprendido, e contounos que cando foi a limpar as mans despois de vir do retrete, un home moi servicial lle abriu o grifo e lle ofreceu xabón. O local non era de luxo nin moito menos, senón un local de concertos corriente (con moi boa acústica, por certo). Entón o Isaac non sabía si lle tiña que deixar propina ou non, así que o Roi tamén foi aló. Ningún dos dous viu que naide lle deixase propina, pero o home estivo alí toda a noite. Tamén dudamos moito de que estivese contratado.

Un saúdo e seguiremos poñendo máis crónicas.

Enviar comentario
Comentarios
26 de novembro do 2007 14:54, por chanelita

Carallo que ben o estades pasando, menuda envidia ahí en la gran manzana, lo estareis flipando con todo.
Unha aclaración do das propinas, contoume a miña jefa, q é americana q os camareiros cobran poquísimo tipo 500 dolares e que o seu soldo depende das propinas por iso incluso o poñen nos tickets, i que por iso se esmeran moito en atender a xente, é como un incentivo dos xefes ou algo así pa q sexan máis simpaticos e amables coa clientela. Non sei supoño que é un pouco raro como de mafioso ir solatando billetacos a diestro y siniestro.
Pasadeo ben, que non fai falta nin dicilo.

27 de novembro do 2007 02:17, por Sak

O das propinas é algo que a min tamén me chamou moito a atención cando estiven en NYC, a anécdota do cuarto de baño a min tamén me pasou e non saía do meu asombro :D Tamén hai que dicir, que un dolar xa é un billete e dar un par de dólares non é dar moito, pero a nosa mentalidade en euros di que un billete xa é algo de cartos.

Seguideo pasando así de ben e seguide contándoo.

27 de novembro do 2007 04:00, por Carlossuarez

Que envexa rapaces, moito traballo supoño. Bo espero que poidan lograr todos as tomas que necesitan, nós por aquí currando moito en Santiago. . .saímos na tele nacional antena 3 e tele5, para que vexan.

Bo irmáns un abrazo moi forte e cóidense moito por alá. . . sobre todo para o Berio que haber cando vén que fai moita falta. . .

E bo (para isake e roi) non puideron facer a viaxe noutra data NON. . . .Bo xa falaremos. . . . PERO CANDO CHEGUEN VOUNOS A DETONAL DIAÑOS. . . .

27 de novembro do 2007 15:56, por mig

alaaaa!!!! eu tamén quero ir!!!!!!!, e verdade que os rapaces falan ingles que te cagas?

28 de novembro do 2007 04:11, por Antia

Eiiii...que ben estades!!!!Que envexa!!Queremos máis crónicas destas pero aproveitade ben ese tempiño que pasa en ná!
Que cabróns eses mexóns militares...menos mal que ainda hai moito ianki coherente por ahí.
Bicos fortes!!

28 de novembro do 2007 04:51, por nelita

bieeeennnnnnnn!!!

se puede ver que todo os está saliendo mejor de lo ya esperado....me alegro tantiiiiiiiiiisimo ....joder.

que ganas de ver balor, aunque sea con ese pequeño acento americano!!...jejeje

aqui os va un besiño de los mas grandes.....a ver si llega entero hasta alli...

felicidades

Os echamos de menos, mucho...

28 de novembro do 2007 04:55, por Gisela

Olá!

Muy lindas las fotos, los paisajes, las anécdotas y la esencia del reencuentro. Lo de las propinas no solo me sorprende si no que también me enoja. Algo así sucedía en México y sí también entra la duda de dónde o cuándo darlas... :)

Pasenlo bien, suban más fotos y pasenlo de maravillas! Ese documental quedará de maravillas!!!

(Siento no escribir en galego, me cuesta mucho... ups!)

Saúdos e moita sorte!

29 de novembro do 2007 01:17, por chiu

diorrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr, son casi o último en escribir, caguendios, estamos absorvidos por antena3!!

que ganiñas tiña de saber algo de vos, así máis profundo. vos votamos un montón de menos e esta cidade non ten sentido agora, chegou o caos total, a apocalipse, o fin do world.

por la gallaecia segue tudo ben, empezou a chover (algún dicen por fin! pero eu paso de todo), o pemán segue na tele, o galloso está ainda máis solto no esceario, o miraxes segue desconectado coa realidade e chuza ven sendo unha institución (no) gubernamental.

penso que estades facendo país, así poñéndose un seriote, así que si algún día escribo un libro (faltame tamén plantar a árbore e o fillo, que mal vamos), pois eso, que si escribo un libro para las bibliotecas poñerei o capítulo principal para vosoutros. que vos quero moito pilindráns

pois ala, a rascala por ahi y a dar propinas a tutiplein

PD: o da mexada oficial pola patria dos soldados foi bestial beríngolis, si chegas gravar iso cambiarías o rumbo da humanidade, ja, ja, ja. atontolao, leva a cámara encendida conectada as gafas

aperta grande para os tres

30 de novembro do 2007 04:50, por berio

ja ja ja!
me parto

Saúdos a todos!!

14 de decembro do 2007 14:17, por PA

Que caña todo penso que non veredes xa esta resposta pero por uns intres trasladeime a Nova Iorque e estiven vendo un concerto nun local da cidade...bicos e a por todaaaaaaaas

14 de decembro do 2007 14:23, por berio

Si, claro que vemos as mensaxes, estamos subscritos por rss a todos os comentarios da páxina e nos chegan según se postean.

Alégrame que te sumerxeras na crónica, ese é o obxectivo!

Sinto o son dos videos que é un pouco malo, pero aínda así creo que están ben para facerse mellor unha idea do sitio e o concerto.

Bueno Pablo, unha aperta ben grande, vémonos!

14 de decembro do 2007 14:58, por maria

touché! mi querido Berio...y compañia. Que ben volver a saber de vos despois de tanto tempo e dende esos lares, jaja. Madre fiu, 6 añinos en Galicia y pa escribir una frase en el idioma... Suerte con Balor (¿podriais explicame este nombre? a ver si aprendo alg-o). besinos a todos. laMari.

14 de decembro do 2007 15:31, por berio

Dios María!, canto tempo!

Alégrome moito de ler sa túas palabras, eh, a frase en galego quedouche perfecta!
Mellor ca mín, que a veces meto cada falta de ortografía que tembla "España y sus regiones".

Pois o de Balor traducido ao castelán significa moho, e fai referencia a como queda o pan cando se abandona, que é algo así como unha metáfora de como queda galicia cando o abandonan os galegos coa emigración ou pola razón que sexa (Aínda me acordo da cantidade de humidade que había na nosa casa en Pontevedra!).

Logo tamén lle puxemos o de "a little galician accent, but good", que o collimos de Manuel Rivas, nun escrito que ten sobre un galego que foi pedir traballo a unha cidade americana, e o tipo que lle intrevistaba lle dixo esa frase.

Bueno fía, esto ye lo que hay

Molaba vernos algún dia

que vaia ben!

.