Balor e Alg-a en Nova Iorque. Crónica 03
domingo, 9 de decembro do 2007, por Berio Molina.

Terceira crónica da estadia de Balor e Alg-a en Nova Iorque.
Documental sobre a creación cultura independente galega fóra de Galicia.
A familia Pampín, o Centro español e o Festival Blip en Eyebeam.

Xa de volta en casa, toca facer memoria e recordar as diversas entrevistas e lugares que visitamos en Nova Iorque.
Os días xa non están claros, e é difícil recordar que foi o que fixemos en cada xornada. Así que imos mixturar todo e pasamos a contarvos as crónicas segundo bloques de entrevistas e eventos ou lugares que visitamos.
Desta volta ímosvos falar da familia Pampín, do Club España de Newark, e do Festival Blip que tivo lugar no Eyebeam.

A familia Pampín é unha familia galega, como moitas outras, que vive en Nova Iorque. En concreto en State Island (a illa ao sur de Manhattan). Acudimos a ela porque nela se daban varios factores que pensamos poderían dar moito xogo para o documental.

A familia Pampín

1. Por un lado, a familia Pampín era íntima amiga da familia de Frank Vigorito, un emigrante nado en Nova Iorque, de nai galega e pai italiano, que actualmente vive en Vigo, e que resulta ser un dos protagonistas de Balor, e que por que unhas cousas levan a outras, foi profesor meu de inglés en Pontevedra durante uns meses, na mesma academia na que Maureen, membra dos proxectos musicais Maina e Maktúbikan, tamén daba clases:

“Nací en Staten Island, Nueva York USA el 1 de Febreiro 1975. Mi madre era Maria de Pilar Torres Solla, nacido el 30 de enero del 1949 en Gatomorto, Pontevedra. La historia realmente empieza con ella y sus padres. Mi madre nació originalmente Solla Solla porque mis abuelos no se habían casado. Pronto después de su nacimiento mi abuelo Paco Torres Villaverde (hijo de O Pacheco de Mourente quien fue asesinado al principios de la guerra civil por ser sindicalista) fue a Buenos Aires a junto de unos tíos que tenía allí. Porque no se llevó a mi abuela?..."
Fragmento da súa bio na páxina de Balor. Clic para ler máis.

Casa de Frank en Staten Island (debaixo de Manhattan e pegado a Brooklyn)

2. Na familia Pampín danse dúas e case tres xeracións de galegos emigrados en Nova Iorque. A nai que se chama María e que se mudou cando tiña arredor de 10 anos, o pai, que se chama Henrique e que se foi a esta cidade cando tiña arredor dos vinte anos para casarse coa nai, e a filla, Erica, xa nada nos Estados Unidos.
3. Tiñamos a oportunidade de coñocer un pouco por dentro, cómo vive e que pensa unha familia galega calqueira en Nova Iorque.

A familia Pampín acolleunos con moito cariño e foron uns anfitrións encantadores. Invitáronnos a cear e contáronnos tódalas súas aventuras coa emigración, que como vos podedes imaxinar foron moitas e cheas de anécdotas interesantes.

Isaac acomodado na casa Pampín

Só vos contarei unha delas (o resto teredes que esperar ao documental), que soe ser un dos motivos que resiste a tódolos tempos e circunstancias, que é a emigración por amor (xa sei que se dice que si a emigración non é forzada non é emigración, pero nós non facemos distinción).

A historia non é real de todo, quero decir, está rescatado do que podo recordar da conversación e hai datos dos que non me acordo moi ben, así que non a tomedes ao pé da letra. Aviso porque os persoaxes son reales.
O caso é que o pai Pampín era un mariñeiro galego que soía baixar ata Africa do sur, e pasaba na mar uns cantos meses. Pero nunha das veces que estaba en terra firme galega coñeceu á nai Pampín (nunha das súas viaxes de retorno dende Nova Iorque) e se enamorou dela. Entón comezou a escribirlle cartas de amor, mentres navega polas terras africanas. Pasado un tempo, pai Pampín foise vivir a Alemaña, e alí continuo escribíndolle as cartas. Así estiveron durante cinco anos, escribindo ata 2 cartas diarias. O curioso é que as cartas lle chegaban á nai Pampín todas xuntas, debido á lonxanía dos dous amantes, polo que cando recibía o correo procendente de alemaña, lle chegaban unha morea de cartas.
O pai Pampín xa non aguantaba máis e se foi a Nova Iorque para casarse coa nai Pampín. E así foi como naceu a familia Pampín de State Island. O caso é que o pai Pampín tiña unha cara moi parecida a un criminal que estaba sendo buscado en Norteamérica, e cando chegou á aduana, foi preso pola policía. Como pai Pampín non sabía nin pizca de inglés non sabía o que a policía lle estaba decindo, e tampopuco podía expresarse, polo que a situación cada vez se poñía máis tensa ata que non aguatou máis e berrou, que eu non son a quen buscades, deixádeme en paz!. Entón, apareceu outro policía por alí e dixo en galego: Nada, este non é, deixádeo marchar!, este é galego!. Dende entón, o pai Pampín dí que non lle gusta Norteamérica, e que desexa voltar a Galicia, pero claro, nada tira máis que o amor á súa querida.

Bueno, logo da cea, a familia Pampín levounos ao Clube España.

Roitoski e Isaac entrevistando a Andrés de Cedeira, no CLube España

O clube España en realidade é unha especie de Casa de Galicia. Esto é así porque a emigración española en Nova Iorque é maioritariamente galega.
O clube España é unha Asociación que se dedica a dar "entretenemento" a certos galegos, e polo tanto as accións que leva a cabo son cursos de baile e música tradicional galega, lugar de encontro e ocio para tomar un café e ver os partidos de fútbol e lugar donde os xóvenes de ascendecia galega van pola noite a tomar unhas copas e escoitar música.
O clube España ten arredor de 200 socios e está en decadencia (como tamén pasa coa Casa Galicia). Esta decadencia débese a que xa non hai emigración galega e polo tanto o número de socios descende. Tamén é debida a que os galegos en Nova Iorque, co paso das xeracións e do tempo, adquiren un maior nivel de vida, e cambian de casa e se mudan a outros sitios.
Aparte de dar ocio aos galegos, non suceden moitas cousas interesantes nestes centros.
O que máis nos sorprendeu deste centro fóron os cativos e rapaces universitarios, e máis concretamente cómo falan.
Nunca antes se nos pasara pola cabeza que puidera existir o "Galinglish", e resulta moi sorprendente ver como as cantareiras entonan o galego para cantar dunha forma perfecta, e como cando se poñen a falar entre elas, o fan en inglés con ese acento americano tan característico. Ademáis entremezclan os dous idiomas cunha facilidade pasmosa, e por exemplo e fácil escoitarlles decir frases de despedida tipo: "bueno logo, a ver si nos vemos outra vez, see you man!".
Esto recórdame o que nos contaba Koki (outro persoaxe que entrevistamos en Nova Iorque. Poeta. Do que vos falaremos noutra crónica), en relación a unha idea que lle rondaba na cabeza, que consistiría en facer unha serie de televisión de galegos en Nova Iorque falando en "Galinglish". A mixtura é espectacular, como por exemplo ver aos rapaces universitarios escoitar as típicas cancións de hip hop comercial americano, cantandoas de vez en cando e falando galego ao mesmo tempo.

A noite do sábado fomos ao festival Blip que tiña lugar no eyebeam.

O festival Blip é un festival que mistura a creación sonora e visual cos videoxogos e a baixa resolución dos 8bits, organizado por 8bitpeoples, por The Tank e aloxado no Eyebeam

8bitpeoples é un grupo de xente que se dedica a experimentar coa resolución a 8 bits, cos bideoxogos e co hackeo de maquinitas portátiles tipo gameboy para facer creacións bizarras. Teñen un netlabel moi interesante, donde poderedes atopar algún músico dos que vos falaremos agora como Bit Shifter.

The Tank é unha organización sen ánimo de lucro coa misión de dar soporte a toda unha comunidade relacionada coa creación de baixo coste ligada ao hackeo e á programación cultural, donde promoven as creacións colaborativas e o activismo dixital.

O Eyebeam é un centro de arte e tecnoloxía moi interesante, que está ubicado en Chelsea, que centra practicamente toda a súa actividade na idea dos obradoiros e a educación, e que realiza eventos, conferencias, performances e calqueira tipo de actividade que poida promover a colaboración e a intersección de xente relacionada co open source, o open content e a open distribution. Actualmente, entre moita outra xente, podemonos atopar alí con Zack Libremann, de openframeworks que levou a cabo un obradoiro a finde pasada, e Hans Steiner, un dos creadores e programadores máis activos do entorno PureData.

Volvendo ao festival, a noite do sábado puidemos ver as seguintes actuacións:

Markus Schrodt, fixo unha actuación en solitario cunha consola-videoxogo portátil. Puidemos bailar a felicidade de Mario Bros.

Un grupo que non sei como se chaman, porque non estaban na programación oficial e non apuntei o seu nome e non me acordo, que fixeron unha actuación moi graciosa cunha consola-videoxogo portátil, unha guitarra e un batería robótico, ao máis estilo-pose rocanroleira tipo Lou Reed e adolescencia enferma pillada coas maquinitas, os fobots e as máscaras dos loitadores de boxeo mexicanos.
Adolescencia por vena e son desprexuciado. Patadas voladoras e laterais, saltos á chepa e ruído fresco, moi fresco.

The Depreciation Guild
Grupo de duas guitarras e programacións que a pesar de ter un sonido moi malo, resultou moi interesante e gustou moito. Orixinal, con guitarras que recordaban aos muros de My bloody Valentine. Cantaban os dous guitarristas. Melodias románticas. Atmósfera melancólica. Tristeza.

tree wave
Este concerto foi entrando pouco a pouco. Ao principio non nos chamou moito a atención, pero a medida que ía transcurrindo foinos metendo sin que nos deramos conta nas súas texturas, e ao final do concerto estabamos totalmente empatados con tree wave. Entre Fennesz e a gameboy.

Bit Shifter
Bit Shifter foi a estrela indiscutible da noite. Cando actuou xa non collía naide no eyebeam e a xente estaba fora de si. Con sons feitos completamente dende unha gameboy, o son de Pit Shifter soaba moi potente e chegaba moi ben. Tanto que a xente acabou subindo ao escenario a bailar con el (Logo, o músico se desafogaría como un poseso entre o público nas seguintes actuacións), e a tirarse encima de todo dios. Moi bo.
Xa non me quedan videos porque a esas alturas se me acabou a memoria da cámara, así que vou a tirar do youtube (en realidad non sei porque gravamos nada, porque está todo o festival no youtube):

Logo veu o jamao de Bokusatsu Shoujo Koubou, que nos fixo moita gracia porque ao final xa pasaba de todo, de dar aos botoncitos e tal, e se puxo a pegar chimpos e a tirarse encima do público mentras a música seguía soando tal cual. Moito máis fragmentado, oscuro, rápido e machacón co Bit Shifter, aínda que no video non o pareza.

Logo viñeros os alemanes Bodenstaendig 2000, que case foron os que máis nos gustaron.
Subidos ao escenario cunha alegría moi natural e unha sencillez manexando os cacharros que facía pensar que a pesar do cachondeo que tiñan encima, sabían moi ben o que facían. Este dúo fixo un show casi humarístico donde mostraron imaxes porno de baixa resolución case a nivel de persoaxes de videoxogo ou estética teletexto, para acompañar a unha música mixtura de heavy e techno cantado, e comentarios bizarros que nos enganchou a todos os que estabamos alí.
Nas proxeccións tamén tiñan aberto o programa que empregaban, moi parecido ao Jeskola Buzz, pero de apariencia máis lo-fi, que semellaba feito por eles mesmos.

Para acabar tamén subiou ao escenario Huoratron, pero non nos gustou moito.

Anécdotas

A anécdota do cartel If you see something, say something .
Unha das cousas que máis nos chamou a atención de Nova Iorque, é o tranquila e pacífica que é a cidade.
Máis ou menos todos temos a imaxe de Nova Iorque como unha cidade perigosa, sobre todo en certos barrios. Pero non é moi certo. De feito, esta é unha cidade bastante pacífica, da que se dí que é a máis segura de toda Norteamérica e cun índice de criminalidade dos máis baixos.
Varias persoas cidadás de Nova Iorque nos contaron que a delincuencia baixou moi notablemente dende o atentado das torres xemelgas, e que hai certo ambiente de medo e de incertidume dende entonces, chegando a decir que non ven o futuro moi claro (logo soen enlazar e mostrarse preocupados pola situación do dólar en relación ao euro).
A nós chamounos a atención a cantidade de cámaras de vixianza que hai na cidade, tanto polas rúas, como nos establecementos e entidades públicas e privadas, e sobre todo unha campaña de "colaboración" cidadá chamada If you see something, say something.

Démonos conta da efectividade desta campaña, basada no chivatazo cidadán e do uso dos neoyorkinos como ferramenta de control e vixianza sobre eles mesmos, cando lle dixemos a Pampín pai, que estiveramos gravando unhas imaxes da ponte de Brooklyn, e que ao mellor iamos á ponte que une State Island e Brooklyn (Verrazano-Narrows Bridge) a facer unhas tomas, e nos dixo que tiveramos coidado, xa que non estaba permitido tomar imaxes nesa zona (xa que poderiamos ser terroristas recollendo información sobre a construcción da ponte para un futuro atentado). Xa non porque nos pillara a policía, senón porque calqueira que pasara pola ponte e nos vira e pensara que somos sospeitosos nos podía denunciar. Debido á forte campaña de chivatazo de "if you see something, say something". De repente nos sentimos un branco moi fácil, e punto de mira da vixianza de cada un dos cidadanos de Nova Iorque, convertendonos en criminales potenciales e rodeados dunha masa anónima e acusadora.

Para que queres cámaras de vixianza, cando contas con toda unha cidadanía vixiándose a si mesma


Un dos carteles da campaña que se pode atopar sobre todo nas paredes dos metros. A imaxe resulta bastante ameazante.

Máis imaxes:

no Hostal Chelsea

O ferry que nos levou a State Island a ver á familia Pampín

A casa de Galicia

O Isaac cunha lata de mexilóns Vigo

O Isaac e o Roi donde se pillan os ferrys

Un inflitrado de escoitar.org que atopamos no ferry

Intentando sacar unha foto coa estatua da libertade

Enviar comentario
Comentarios
10 de decembro do 2007 03:29, por Gisela

Hola chicos! hacía unos días que no entraba a la página, muy buenas las anécdotas y las fotos... pues muchisíma suerte y que todo siga saliendo bien!

Y please... no entren en la paranoía norteamericana, PLEASE!!! jijiji

Saludos,
;)

11 de decembro do 2007 08:50, por berio

Moitas Gracias Gisela!

10 de decembro do 2007 06:25, por chiu

o inflitrado de escoitar.org son eu, que fun alí a rexistrar o son de alg-a team na súa viaxe, o que pasa que non vos vin, cachis!!!

10 de decembro do 2007 09:23, por berio

Bua Chiu!, acordámonos un montón de ti, podiamos ter feito unha fotos increíbles.
Había accións sonoras para executar por todos lados!.
Unha aperta ben forte

13 de decembro do 2007 07:23, por mequetrefe

Hey Berio, que pasa broda, que envexa me metes tio, vexo que por esas terras estás feliz como unha lombriz, xa me gustaria a min estar ahí , oh yeah!!!!!!!!!!!!

14 de decembro do 2007 21:25, por berio

Que tal Meque!, como van eses chavaliños lugueses!

Si, foron momentos realmente emocionantes, que duda cabe verdá?
Agora toca volver ao choio, que tampouco é que sexa moi duro, pero está ahí.

A ver eses temas que xa estamos ansiosos de que salgan á luz!

bueno hermano, xa falamos.

Apertas!

11 de febreiro do 2008 07:30, por Spiros

Olá!

Sorpresa agradábel ao topar e ler estas crónicas en Nova Iorque... din con elas pescudando no Google comentarios de galegos en Nova Iorque ou en Grecia, porque estes dous sitios sedúcenme e nin sequera pisei neles.

Gostaría de vivir un tempo nesa cidade que non é unha cidade americana xa, se non que é unha cidade do mundo. Pasear por as rúas, polo Central Park, ver as pontes que van cruzando a baía, escoitar a xente que toca aí como Pat Metheny, George Winston, Bela Fleck...

Penso que está moito ben o que ides comentando nestas crónicas, emociona saber historias de galeguiñas e galeguiños rulando polo mundo e tamén coñecer máis de sitios como este.

Non sabía nada do tema das propinas. Si me teñen dito que é unha vez libres dos prexuízos que temos sobres os EUA, en boa parte pola política exterior do país, vemos que en cidades como Nova Iorque a xente é amable, que hai moitas cousas das que enganchan a un, e aínda lle resta moita creación cultural ao lugar.

Un día por casualidade escoitei na Radio Galega falar a un reporteiro da TVG que fora enviado a cubrir unha celebración da Casa Galega aí. O reporteiro no descanso da reportaxe mentres comía con eles, coñeceu a unha muller que fora criada de John Lennon e Yoko Ono. Era na época que tiveran un fillo e contaba que Lennon das tarefas domesticas nin papa, e Yoko estaba ocupada administrando os asuntos de John. Despois de falar longamente coa compatriota emigrada, decidiron publicar un libro contando todo eso, e penso que a cousa saíu adiante. Pouco máis sei do tema, e xa teña noutra cousa... > Imagine

Boas vivencias por esas terra e un saúdo.

Spiros.

spiros1011@hotmail.com

.