Banda deseñada e paisaxe sonora
venres, 3 de agosto do 2012, por Isaac Cordal.
categorías: Son, Copia e pega, Ilustración

Convocatoria de colaboración a debuxantes e ilustradores de Galicia no programa de paisaxe sonora EAH. O prazo de presentación das propostas e dos orixinais concluirá o día 1 de setembro de 2012.

  • A convocatoria está dirixida a ilustradores, debuxantes e deseñadores profesionais. Tamén poden participar pintores e artistas plásticos, licenciados ou estudiantes de Belas Artes, Comunicación, Deseño Gráfico, etc.
  • Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, residentes ou nacidas en Galicia e que presenten onomatopeias inéditas .
  • As onomatopeias poderán ser debuxadas e cada autor presentará un máximo de catro debuxos, unha por cada sonido a escoller entre un lista de sons seleccionados pola organización e a disposición dos participantes nesta páxina web.
  • Antes de participar, os debuxantes deberán porse en contacto cos organizadores para especificar os sons cos que lle gustaría traballar.
  • Os organizadores, Escoitar.org, serán os encargados de seleccionar os debuxos-ilustracións máis representativas.
  • Establécese unha compensación económica de 50 € por cada onomatopeia seleccionada, estando esta cantidade libre das retencións legais que lle fosen aplicables.
  • A Organización utilizará as onomatopeias gañadoras para ilustrar as exposicións, mapas sonoras virtuais e as unidades didácticas nas actividades pedagóxicas.
  • Tamén, se realizarán adhesivos cos que se traballarán directamente sobre cartografías en obradoiros con estudiantes.
  • Os creadores asinarán un permiso para que o material poida utilizarse en todas aquelas actividades organizadas sen ánimo de lucro polo proxecto de European Acoustic Heritage e Escoitar.org. Despois, poden asinar o tipo de licencia de Creative Commons que máis lle interese profesionalmente.

Máis info

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal