Bárbara Fluxá. Proxecto coche: : Work in progress
mércores, 31 de maio do 2006, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda

A exposición :Proxecto coche: : Work in progress: que presento en DF Arte Contemporánea enmárcase dentro do proxecto «Des(h)echos» que levo a desenvolver dende o ano 2002. Este proxecto multidisciplinar (vídeo, debuxo, escultura, fotografía) está centrado no estudo e consideración dos restos materiais da nosa sociedade como parte e reflexo da nosa cultura tanto material como medioambiental.

Tras fotografiar, debuxar e reconstruir, coma se de restos arqueolóxicos se tratáse, decenas de obxectos de consumo abandonados, o proxecto «Des(h)echos» chega á súa máxima expresión coa reconstrución de obxectos de maior envergadura, polo seu tamaño e/ou polo seu repercusión social.

Neveras, coches, fornos ..., todos estes obxectos domésticos indispensables para o home dende mediados do S.XX, representan a cultura material da sociedade actual. Se tras desbotar e arroxar estes obxectos á contorna natural, conseguimos afastarnos da consideración dos mesmos como lixo, preséntanllenos como un estímulo á reflexión sobre a nosa sociedade e sobre a cultura contemporánea.

En palabras de J.Marín-Medina, «o obxecto tirado e destruído transmutase en recordatorio necesario e ancestral das nosas vidas». (Catálogo «as cousas no seu lugar». Bárbara Fluxá. Galería Artificial. 2005)

A partir do achado dun SEAT 127 mergullado no río Nalón, Asturias; xorde a idea da video instalación con título «Coche», coa que me propoño facer presente a historia deste coche crave para unha parte da sociedade española dos anos`70 e`80. Dende fai uns meses atópase en proceso de creación, e é precisamente o proceso do proxecto o que presento nesta exposición.

:Proxecto coche: : Work in progress: consta de tres partes. Un vídeo onde vemos o momento do achado do coche no río, debuxos e unha miniatura de metal dun SEAT 127 a escala 1:43, a modo de boceto escultórico da reconstrución definitiva do coche real atopado, e varios arquivos etnográficos sobre a historia deste coche.

Os arquivos, tamén en proceso de creación, estanse a realizar fundamentalmente a través de Internet, ben mediante a recopilación de imaxes e documentos xa existentes en páxinas web, ou no caso do Arquivo IV, mediante unha convocatoria pública de participación por correo electrónico.

Os arquivos están divididos en 5 volumes: Arquivo I Publicidade orixinal da época da casa SEAT, e en concreto do coche modelo 127. Arquivo II Manuais técnicos de uso e entretenimento da casa SEAT do coche modelo 127. Arquivo III Historia oficial e extraoficial da casa SEAT (1950-1980). Arquivo IV Convocatoria pública para a recopilación de fotografías familiares e testemuños de xente xunto á súa SEAT 127. Arquivo V Recuperación memoria histórica dos traballadores da Casa SEAT.

Bárbara Fluxá. Xuño`06.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal