Ben fry charla-conferencia
mércores, 30 de abril do 2008, por Berio Molina.

A través do rss da páxina Information aesthetics, centrada como xa o seu título indica na estética da información e visualización, enterámonos dunha conferencia de Ben Fry que recentemente colgaron na rede a xente de See Conference

A conferencia chámase "Visualizing data", igual que o libro que Ben Fry publicou o pasado nadal, e a través de máis de media hora, Ben amósanos moitos dos seus traballos en visualización de información, con que ferramentas están feitas e que proceso leva a cabo para desenvolver os seus proxectos.

Como xa sabedes Ben Fry é unha das persoas máis importantes en relación á creación gráfica dixital interactiva e xenerativa da actualidade, por ser un dos desarroiadores de processing e un dos máximos impulsores da nova forma de visualizar datos.

Aquí vos queda o link á súa conferencia
http://www.see-conference.org/#/en/Livestream/?stream=seeconference3_benfry

Nos vos perdade tampouco a de Zachary Lieberman:
http://www.see-conference.org/#/en/Livestream/?stream=seeconference3_zacharylieberman

.