Benvido, atópasche no Videolabel 24-04-2008

Aínda que non o pareza estamos xa no Outono. Tempo de castañas, de Saxitario, Escorpión e libra, Samaín, de ceos repletos de cores, ...e como en toda-las estacións do ano, avecíñanse cambios...

Como ben imos sabendo...cada vez sorprendémonos máis con estes cambios...hai quen di que os cambios son bos e hainos que xa non se sorprenden con nada, aínda que este traballo que nos ensina o noso amigo artista-músico Carlos Castro será dos vídeos que non nos deixará indiferentes e estou segura de que algo vai pasar en ti...

Tras esta panóplia de sustantivos, verbos, pronombres, adxectivos e demais...procedo con pouco máis a presentarvos como publicación_12, deste o voso espazo para compartir e difundir creacións audiovisuais en alg-a, o VIDEOLABEL:
MINUTOS MUSICAIS.

Non vou dicir nada máis, o tempo ten os seus aliados e agora 10 minutos para a reconciliación: O autotempo.

.

“TEMPO AO TEMPO, QUE O TEMPO, TEMPO TE DA...”

NELA QUE
.
.
.

SOBRE O VIDEOLABEL ALG-A

Con unha liña de traballo e dirección similar aos seus irmáns (galeria e netlabel), o videolabel preséntase como un espazo virtual de publicación, exposición e arquivo de todas as manifestacións que interrelacionan as artes plásticas e visuais co son e a música.

Pretende articular discursos na contorna da creación, en especial a de creadoras/es galegos.

Desde o videolabel deséxovos unha feliz visita, que o gocedes e vos anímo a participar activa e pasivamente . . .

Un saúdo
nelaque

moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Quen é vostede?
Votre message
  • Ce formulaire accepte les raccourcis SPIP [->url] {{gras}} {italique} <quote> <code> et le code HTML <q> <del> <ins>. Pour créer des paragraphes, laissez simplement des lignes vides.