Berio naceu na Fonsagrada no 1979.
Fixo estudos de Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra dende o 1999 ata o 2004. Mentres estudou alí foi membro do colectivo de performances Flexo e organizou con estes máis coa delegación de alumnos de facultade e o colectivo SINSALaudio de vigo, o festival IFI.
Logo foi uns dos fundadores da comunidade de creación libre Alg-a, e foi a Barcelona a estudar un máster en artes dixitais na Universidade Pompeu Fabra ata o 2005. No 2007 foise a Rochester no estado de Nova Iorque a facer un máster en Computer Graphic Design, que é o que está facendo na actualidade.
Ademáis forma parte do equipo de desenvolvemento do proxecto escoitar.org, e é administrador do netlabel alg-a.
Gosta do traballo sonoro, así como da arte da acción. Ultimamente atópase moi interesado na creación dixital, e no emprego de código tanto na construcción de interfaces de interacción para a creación de instalaccións ou intrumentos musicais interactivas, como na creación de aplicacións dixitais interactivas ou mushups web.
Páxina web persoal:
http://www.berio.alg-a.org.
Contacto:
berio(a)alg-a.org