http://www.alg-label.com/Feeixa

Feeixa é o nome que lle demos á improvisación que levamos a cabo Xedh (Miguel A. García) máis Berio no Lab Alg-a o pasado 9 de decembro do 2009, dentro do evento Accións sonoras no Lab Alg-a.

Trátase dunha acción de nove minutos onde Xedh manipula electrónica e Berio unha gaita galega.

O traballo de deseño está feito por María Viñas.

Ligazóns:
Xedh
Berio Molina
María Viñas

Podes escoitar outros live sets do net label alg-a na seguinte ligazón: http://www.alg-label.com/Live-sets

Enviar comentario
Comentarios
8 de abril do 2010 10:27, por Carlos Suárez

Ola

Parabéns polo disco, gústanme moito esas disonancias e batimentos armónicos.

Apertas

8 de abril do 2010 10:56, por Berio Molina

Jei Carlos,
A verdade é que foi unha sorpresa, non esperaba que saíra así de compenetrado, nin que o Xedh levara uns sons que ligaran tan ben coa gaita. De feito a veces parece que quen está tocando a gaita é el. Eso fai que os timbres estean moi próximos e que todo vibre pola proximidade das frecuencias.

Foi un gustazo!

8 de abril do 2010 11:57, por Carlos Suárez

Pois se que tes razón están moi ben conjuntados os timbres, é unha peza moi coherente, pero xa che digo o que máis me gusta son as harmonías que logran. Teñen que sacar un LP ti e Mikel. . . . jajaja

Outra cousa que esquecín no correo anterior, !! o deseño é moi, moi bo ¡¡ parabén tamén para a artista.

Apertas.

Carlos

8 de abril do 2010 14:39, por Berio Molina

O debuxo é brutal, están todos feitos por separado e en total creo que son 10 debuxos diferentes que logo maquetou. Por exemplo as partes rosas son debuxos diferentes das en branco e negro.
Estaba pensando en sacar un copia en vinilo só por ver ter os debuxos en grande!
Cando sexa rico a saco.

:D

9 de abril do 2010 04:41, por Alejandro Durán

Eso, a editarlo en vinilo!! y grabad alguna cosa más