Blu DVD 2010
martes, 11 de xaneiro do 2011, por isaac-cordal.

En Artsh publicaron a comezos do ano un DVD que recompila traballos realizados por Blu nos derradeiros 10 anos. Inclúe as súas animacións sobre muros, documentación de traballos, animacións debuxadas a man e 40 minutos de contidos extra. As copias da edición limitada esgotáronse en poucos días.

Tamén destacar a saída anterior do libro de Escif, titulado Muros e paredes. 96 páxinas a todo cor. Escif recentemente estreou nova web

.