Blu censurado no MOCA
venres, 10 de decembro do 2010, por Isaac Cordal.

O museo MOCA de Los Angeles encargou a Blu pintar unha das súas fachadas. Apenas 24 horas despois o mesmo persoal do Museo borraba o seu traballo nun acto de censura total. ¿Tan só pódese pintar motivos politicamente correctos?. Obviamente equivocáronse de artista xa que moitos dos traballos de Blu son moi críticos, e por suposto, politicamente incorrectos.

O seu traballo representaba cadaleitos de madeira arroupados por billetes de dólar. A presión de veteranos de guerra, quizais socios do museo, gañou a batalla en detrimento da obra do artista italiano. Unha obra, que pola súa verdade, doe demasiado no espectro social americano. Unha verdade expresada a base de mesturar cores e enxeño. Unha verdade idéntica á de #wikileaks. Unha verdade que fai que uns tumben servidores e outros borren murais para ocultala.

Desde aquí enviamos ánimos a Blu!

via: unurth

Artigo: MOCA Commissions Mural, Then Whitewashes It

Enviar comentario
Comentarios
13 de decembro do 2010 10:05, por ifrit

Os veteráns de guerra non son socios do museo, son veciños ;)

Eu sigo todo o asunto aquí http://blog.vandalog.com/2010/12/answers-blu-mural/

Categorías
Isaac Cordal